Páginas

30 abr 2011

XXX Feira do libro en Santiago

    Este sábado 30 de abril, deu comezo a  XXX Feira do Libro de Santiago, que se vai celebrar ao longo de toda esta semana ata o domingo 8 de maio nunha carpa con 16 casetas de diversas librerias, editoriais e a Biblioteca Pública de Santiago e que está instalada no Paseo Central da Alameda. Unha boa ocasión para sair dar unha volta cos rapaces pola Alameda cun libro baixo o brazo... ou varios. Para os máis pequenos...ou non tanto, recomendaríavos que vos achegarades as casetas da Librería Aenea  e da Editorial Kalandraka.


25 abr 2011

Esta estraña lucidez

       "Agustín Fernández Paz será o primeiro autor galego incluído na Best European Fiction (Mellor narrativa europea)


*picade aquí*
*artigo de Xerais*
  
       "Aparecerá co conto Esta estraña lucidez, pertencente ao volume O único que queda é amor, libro que no ano 2008 xa lle valera ao autor galego o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil." (podedes ver o primeiro capítulo posto en pdf por Xerais)
       
"Ademáis, o máis aclamado autor do xénero da infantil e xuvenil foi seleccionado pola Organización Española para el Libro Infantil (Oepli) ao Premio Andersen, convocado polo International Board on Books for Young People (IBBY) e considerado como o Nobel do xénero. A resolución farase pública dentro dun ano, na Feira de Boloña de 2012."

¡ NORABOA !


picade aquí para ler o artigo en Galicia Hoxe
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/estrana-lucidez/idEdicion-2011-04-19/idNoticia-660930/

16 abr 2011

Pepe Maestro estivo no colexio


*picade aquí para ver a actividade*
     
    O pasado venres 1 de abril, todo o alumnado de 6º, tivo o inmenso pracer de compartir na biblioteca do centro, un momento moi entrañable co escritor gaditano Pepe Maestro . Conta con moitas obras para o pequeno público e tamén sacou unha colección de audiolibros de contos clásicos. Ademais da súa faceta de escritor puidemos comprobar a súas dotes teatrais e coma narrador oral (enganchando desde un primeiro instante a nenos e adultos).        
Como escritor publicou entre outros: “El Circo de Baltasar”,  “Una pluma de cuervo blanco”, e “La Biomaestra”, os tres na Colección Ala Delta da Editorial Edelvives; “Balbino y las sirenas”, na Colección Sopa de Libros da Editorial Anaya e “Alfonsina” en Palabras del Candil. Súas tamén son diferentes pezas teatrais para nenos e adolescentes coma “Una de monstruos”, “Librosss”, “Casi Blancanieves”, “La Flor de Trébol” e “El único lobo”.  
Os  libros seleccionados polos titores para 6º de primaria,  foron “Una pluma de cuervo blanco” que trata, segundo o autor, dunha extraordinaria e conmovedora historia, cargada de ensinanzas de vital importancia. Engadindo ademais que é unha viaxe inicial na que o avó transmite as súas ensinanzas ao neto e moitas delas, teñen que ver coa conservación da natureza; e “La biomaestra” un libro de lectura sinxela e cunha temática moi próxima ao alumnado, xa que, os protagonistas son Nadiel (unha mestra moi especial) e os seus alumnos/as, que pouco a pouco e sen darse conta, quedarán prendidos dela e das súas “excéntricas” ideas.

 A historia que conta "A biomaestra" comeza así: "No meu colexio hai dezasete profesoras e unha que está tola. Eu chámome Blas, vou a quinto e a miña clase é a do ioga, o horto, as mazás e os coxíns. A miña profesora chámase Nadiel e é esa que consideran un pouco rara. Así que esta é a historia dun manicomio un tanto especial: a vida cotiá no meu colexio..."  O resto tés que leelo tí! 

13 abr 2011

Agustín Fernández Paz debuta por segunda vez


*picade para ler o resto do artigo de Xerais*

   

      "Agustín Fernández Paz debuta por segunda vez. Xerais ultima a edición de Non hai noite tan longa, a primeira novela do Premio Nacional vilalbés dirixida ao público adulto. O titular engana. Din que é o abecé deste oficio. Agustín Fernández Paz desménteo axiña, pero non parece amolado. “Para min é unha novela máis, escribina coa mesma intensidade que as anteriores”, corrixe con amabilidade........".



9 abr 2011

O NOSO NOME

*ondas de imaxinación e liberdade*
*picade aquí*
      Esta vez a noticia é... unha noticia sobre nós e o escritor Agustín Fernández Paz, xa que este venres o  blog de Xerais fíxose eco da nosa Biblioteca. Velaquí vai o que publicaron:


*O Ceip a Maía ponlle o nome de Agustín Fernández Paz*
 *á  Biblioteca do centro*
*picade aquí*
 







       ¡ Moitas gracias !

6 abr 2011

VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO


*Jacobo Fernández Serrano*

                                                  O luns 28 de marzo veunos visitar Jacobo Fernández Serrano; ilustrador infantil, dibuxante, autor de comics e ilustracións para libros de texto e  infantis e todos os nenos e nenas de 2º fomos á Biblioteca.
       Este é un dibuxo co que nos agasallou ao rematar a visita. Abaixo poderedes ver imaxes da sesión que realizou cos rapaces. Tamén veredes murais e caderniños que realizaron os nenos así coma traballos elaborados con plastilina sobre a súa obra.  Ensinounos debuxos que traía, como unha guardería e animais de circo.     
      Nun bloc grande debuxou unha formiga e unha xirafa, e ensinounos un rotulador que utiliza para as sombras. Nós preguntámoslle moitas cousas, e foinos contando:
  •   Que pinta con acuarelas e outros materiais: rotuladores, acrílicos,… tamén co ordenador. Os materiais de debuxo son para el as súas ferramentas.
  •   Máis que pintar gústalle inventar os debuxos, co lapis e goma, pero para debuxar necesita concentración.
  •    Sempre anda cunha libretiña para anotar as ideas que se lle ocorren. O seu animal favorito é a xirafa, por iso aparece en case todos os libros.
  • Díxonos que debuxa desde que era pequeno e faino todos os días, porque quen quere facer algo ben ten que practicar todos os días, tamén os músicos e os deportistas o teñen que facer.
Ao final asinounos os libros de todo 2º, porque limos o seu libro *A pedra e as formigas*, e gustounos moito. Divertímonos moito falando con el!


traballos feitos na clase
.