Páginas

31 oct 2012

O SAMAÍN E O MEDO

      Agora que estamos no tempo do Samaín (que outros chaman Halloween), e todos andamos á procura de historias de medo e poñendo cabazas medoñentas, arañas arrepiantes, esqueletes bailaríns e tremendas pantasmas... queremos compartir con vos unha curta de animación que fixeron desde política lingüística coa técnica do stop motion, sobre os medos que nos aterrorizan de pequenos e como os podemos controlar.
    Chámase "FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS", e está basada no  libro de Fina Casalderrey e Teresa Lima de OQO EDITORA. 





E esta é unha presentación sobre o Samaín feita polo Ceip mestre goldar coa música de Mamá Cabra.





      Aquí vos poño un anaco da impresionante película de Tim Burton  "Pesadelo antes de Nadal": "Esto es Halloween!". Preciosa película, bonita música e  incrible técnica de animación na que vemos que incluso os monstros teñen o seu corazonciño!

Disfrutade dun  ratiño de medo!. E lembrade que os celtas, dos que procede esta antiga tradición das cabazas, o que poñían nas portas das casas eran os cranios dos seus inimigos!!!

25 oct 2012

Agustín Fernández Paz e GALIX

    O pasado xoves en Vigo, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil GÁLIX  nomeou a Agustín Fernández Paz, Socio de Honra nun  emotivo acto no que se lle amosou un grande aprecio ao escritor por parte dos presentes e outros socios e socias de Gálix.
   
     Destacar a  Laudatio  escrita por Paz Raña Lama ,orientadora escolar, amiga e compañeira do autor durante moitos anos no ensino público,  así como a presentación do blog creado para o personaxe protagonista do conto inédito co que Agustín Fernández Paz agasallou a todos e todas as presentes (http://abrirasportas.blogaliza.org ).


     Os membros de Galix, dín que irán poñendo no seu blog http://www.oblogdegalix.blogspot.com.es/),  máis información  sobre todo o acontecido ese día para que perdure na memoria .

 Cito aquí algunhas das frases da laudatio escrita por Paz Raña:

  •  "Hai 10.950 días que te coñezo, os mesmos que tarda a Terra en describir 30 órbitas nun camiño elíptico rodeando o Sol...

  •  ... ese primeiro encontro foi no escenario do nacemento doutro movemento transformador, chamado de Renovación Pedagóxica. Rotunda e enérxica indignación de mozas e mozos que soñaban cambiar o mundo dende a escola, con armas tan subversivas coma o xiz, imprimindo constelacións na pizarra, os cadernos de notas sempre emborranchados, a imaxinación, ou as ideas solidarias..."  

  • "Foi un fogonazo de luz, un momento afortunado, una punción implacable e sagaz nos albores da democracia. O ensino pasou a ser algo importante, dun xeito diferente, novo e colectivo".

 Póñovos tamén aquí a frase de Agustín que abre o seu portal  na Biblioteca Virtual Cervantes:

 "Entrar nos libros é deixarse arrastrar por un bulebule de voces, de linguas, de cheiros, de paisaxes. Polas súas páxinas corren ríos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a aprender o oficio de vivir, para cambiarnos a vida e implicarnos na transformación do mundo".A.F.P.

Así que ánimo e entrade nalgún dos libros de Agustín!



12 oct 2012

PREMIO NACIONAL Á EDITORIAL KALANDRAKA

     

     Queremos  desde o noso blog felicitar á  Editorial Kalandraka , que acaba de gañar o  Premio Nacional a Mellor Labor Editorial Cultural no ano 2012 "polo seu compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a dedicación a xéneros máis complexos como a poesía".

      Na biblioteca temos moitos libros dispoñibles de esta editorial : picade aquí para consultar a lista .
      Nas pequenas bibliotecas de aula tamén temos moitos libros que, tanto polo seu contido, como pola calidade da ilustración, son os favoritos dos máis pequenos. Nesta captura de imaxe vedes algúns deles. 





5 oct 2012

A ÁRBORE DOS LIBROS LEIDOS

       Como actividade de inicio para este curso quixemos lembrar as nosas lecturas favoritas do verán. Así que  propuxemoslles aos nenos e nenas que, sobre a plantilla dunha folla decorada como máis lles gustase, escribisen xunto co seu nome e o autor, o título do libro que máis lles gustou no verán.
          
    A colaboración dos nenos  e nenas  foi todo un exito e as follas fóronse colgando na árbore que está na entrada do colexio, facendo aparecer ademáis todas as cores do outono...


Aquí vai unha pequena mostra dos centos de follas que nos están chegando á Biblioteca!
 




A ÁRBORE DOS LIBROS LEIDOS -

 Tantas follas chegaron que están a aparecer novas árbores polos corredores do colexio!