Páginas

23 feb 2014

ENCONTRO CON MARÍA MENÉNDEZ-PONTE

  
   "Na hora de ler os alumnos de 2º de primaria, estivemos lendo Os libros de PUPI da colección O Barco de Vapor de SM. O día 19 de febreiro veunos visitar a autora dos libros, MARÍA MENÉNDEZ-PONTE. Xunto cos nosos compañeiros de 1º de primaria, asistimos a un encontro  con ela e contounos como nacera PUPI e outras cousas da súa  vida, así como de outros libros que aínda está escribindo".

      Os nenos asistiron moi atentos á charla con María, despois tiveron unha rolda de preguntas e finalmente a escritora asinou no libro de visitas da Biblioteca e en todos os libros que trouxeron os alumnos de 2º. 
     Estos son algúns dos comentarios dos nenos: "gustoume moito porque ao principio fixemos preguntas de onde naceu Pupi, como tiña poderes máxicos na cabeza e foi facendose alta e caeu da planta...",   "o mellor de todo foi que nos firmou os libros"...        Gracias María!

       En esta presentación podedes ver como se desenvolveu a actividade: 

clicar na imaxe
 

20 feb 2014

VERSOS DE AMOR NOS LIBROS

"VERSOS DE AMOR NOS LIBROS" foi unha actividade que se realizou cos nenos e nenas de primaria, para darlle un enfoque distinto a semana do 10 o 14 de febreiro, o "día dos namorados". Nós estamos "namorados dos libros"...  e fixemos unha escolla de versos de amor, de amizade e compañeirismo de autores tan diversos como: Gloria Sánchez, Rafael Alberti, Machado, Iglesias Alvariño, Antonio Teijeiro, Álvaro Cunqueiro, Juan Ramón Jiménez, David Otero, Santiago Freire e Machado... 
   
   A actividade comezou cunha exposición de libros dentro da Biblioteca e extendeuse polos corredores. Diante da Biblio estaban colocados paneis cos versos escollidos e bolsas cheas de copias en A5 cun sobre fotocopiado no reverso. Alí os alumnos podían escoller os que máis lles gustasen para logo agasallar con eles a calquer compañeiro ou compañeira. Podían escoller varios versos: un para o amigo invisible de cada aula e outros para quen eles quixesen da aula que fose. 
    Tamén, durante ao "hora de ler", fixéronse lecturas dos versos expostos. Logo cubrían os sobres e deixábanos nos buzóns con feitura de corazóns que puxemos polas portas das aulas. Os alumnos pasárono moi ben ao longo da semana e coñeceron outro xeito de escribir. Ao longo da semana houbo en algún momento verdadeiras avalanchas para coller os poemas, sobre todo cos rapaces dos ciclos superiores... O venres baleiraron os buzóns e repartiron as cartas.
En esta presentación podedes ver como se desenvolveu  a actividade: 
Agasallando versos de amor, amizade e compañeirismo

En este video podemos escoitar a varios alumnos do primeiro ciclo na "hora de ler".

lectura dos versos

15 feb 2014

INFANCIAS ROUBADAS...





      Cando estaba preparando imaxes para traballar a paz cos máis pequenos, escollín o cadro  "Nena con Pomba" de Picasso e entón veume á cabeza unha foto que vín na rede, "Outro Neno con un Paxaro nas Máns". Non me importa se ten truco, se o ángulo escollido e este ou aquel, nin quen a fixo nin onde, nin baixo que bandeira ou deus... A imaxe é tremenda... e apartándome un chisco da dozura da imaxe de Picasso, escollín unhas cuantas máis (non é preciso buscar moito, hai montóns delas). E sin poñer as máis terribles e explícitas, que estamos acostumados a ver a diario e que xa parece que nos resbalan por cotiás, fixen esta montaxe que vos poño abaixo.
       Para recordar a esos outros nenos que pasan fame, sede, que teñen que traballar, que son vitimas das guerras... e as veces tamén verdugos, que perden as súas familias, sin  casas e escolas, explotados sexualmente, desarraigados en campamentos nos que, desprotexidos, volven ser vitimas dos que terían que protexelos... Son vitimas de guerras de intereses, relixiosas, económicas, territoriais... Guerras que non entenden,  pero que pasan a diario, ocupando 5 minutos nos telexornais ou unha escueta  reseña nos periódicos...
    
    Cando abrades a presentación, cambiade a perspectiva: poñédelle os ollos dos nenos que temos a carón. Poñede os vosos propios ollos. Porqué eles sí... e nós non?

O neno do paxaro...   e a nena da pomba de Picasso
Según a Declaración de Xinebra: "A Humanidade debe darlle aos nenos o mellor de si mesma"
 Os dereitos dos nenos:

12 feb 2014

PALABRAS DE AMOR E AMIZADE NOS LIBROS

  Na Biblioteca temos unha selección de  libros que tratan da amizade e do amor. Neste taboleiro de pinterest que seguiremos ampliando, podedes seguir algúns dos que atopamos, tanto para os máis pequenos coma para os de primaria. Todos eles son fermosos e poéticos libros, con diversos enfoques sobre o amor e fermosas ilustracións que vos engancharan ata o final. 

  Tamén, estos días, o alumnado de primaria está a traballar con textos, poemas e citas sobre o amor. Cando rematen xa vos contaremos como lles foi.
PALABRAS DE AMOR E AMIZADE NOS LIBROS