Páginas

27 jun 2014

PILI: BOA SORTE COMPAÑEIRA!

    Este curso rematan con nós varios compañeiros e, sin esquecer a ningún,  xa que a todos botaremos de menos, aquí quero facer unha despedida especial a Ana (aínda que igual temos a sorte de contar con ela de novo)  e sobre todo a Pili, profesora de inglés e membro do equipo de dinamización da Biblioteca, que despois de 14 anos nos deixa por outro Centro no que esperamos que lle vaia igual de ben que en este. Xa sabemos que vai aportar toda a súa valía, que se vai empregar a fondo, que vai traballar arreo (nos recreos, fora de horas, polas tardes, en calquer momento libre...) coa mesma ilusión e entusiasmo co que o fixo aquí. Como dín os militares: "...máis alá do cumprimento do seu deber". Nos momentos máis apurados, nos que o tempo e as circunstancias non daban máis de sí, sempre mantivo o sorriso, aportando a calma que facía falta, buscando o lado positivo a todo... O equipo de Dinamización da Biblioteca somos un quebracabezas, que leva anos encaixándose e modificándose e no que cada unha de nós é unha peza que aporta distintas habilidades e capacidades... pezas que cambian, pezas novas... todas importantes!.  Agora, neste quebracabezas, vainos faltar unha peza que vai deixar un oco moi importante. Pero o que nós perdemos van gañalo os seus novos compañeiros. Agora vai comezar a escribir páxinas novas  nun novo libro ... e desde a Biblioteca do Ceip A Maía xa lle queremos poñer o prólogo: "Boa amiga e boa compañeira"

Sorte Pili!.    Botarémoste de menos!


Revista 2014

 A web do Centro acaba de publicar o nº 26 da revista escolar que os nenos levaron en papel ao rematar o curso. Os números  de anos anteriores podedes consultalos na páxina "revistas" neste mismo blog.

premer aquí para abrir a revista


22 jun 2014

ALUMNOS/AS COLABORADORES DA BIBLIOTECA

 ENTREGA DOS DIPLOMAS DE COLABORADORES DA BIBLIOTECA 

PREMER AQUÍ PARA VER O LISTADO DOS COLABORADORES


GRAZAS A TODOS E A TODAS POR COLABORAR CO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA AO LONGO DO CURSO DURANTE OS VOSOS RECREOS!!!




19 jun 2014

RATA LINDA DE COMPOSTELA

   Os nenos de 5 anos de 6ºA de Infantil representaron hoxe RATA LINDA DE COMPOSTELA, unha obra de teatro para os seus compañeiros de 4 anos, no escenario da Biblioteca. Dirixidos por Rosana, adaptaron a obra, prepararon vestiario e aproveitaron decorados para darlles ambiente á súa representación. Elena, moi metida no seu papel, fixo de Rata Linda nesta obra baseada no conto escrito por Bernardino Graña e ilustrado por Manolo Uhía, editado por  XERAIS e que está considerado como un dos contos versificados clásicos da literatura infantil de noso.
    Fixemos un video coa obra, e aínda que ten algún problema de son, apreciase o esforzo realizado polos pequenos actores. NORABOA!

15 jun 2014

CONTOS COOPERATIVOS



     Esta actividade de crear contos cooperativos  fíxose na hora de ler ao longo da 3º avaliación polos alumnos e alumnas de 6º C. Primeiro,  crearon uns personaxes e  logo inventaron una situación. Con todo iso, dividiron a clase en tres grupos e cada grupo creou un conto empregando os mesmos personaxes e a mesma situación.  Logo dibuxaron e fixeron os powerpoints.
   
 Esperamos que os disfrutedes!
http://issuu.com/biblioamaia/docs/invasi__n_entre_cr__teres?e=2555741/8265653
http://issuu.com/biblioamaia/docs/el_mundo_m__gico?e=2555741/8265669
http://issuu.com/biblioamaia/docs/cuento-viaje_a_la_luna_futurista?e=2555741/8265625

4 jun 2014

GALARDONADOS NOS CERTAMES LITERARIOS DO CONCELLO DE AMES

PREMER AQUÍ

  OS GAÑADORES:  MANUEL, RAÚL, ALEJANDRO E RODRIGO. MANUEL GAÑOU O 1º PREMIO DA 1ª CATEGORÍA DE NARRATIVA PARA TODA GALICIA  DO XI CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE AMES E  OS OUTROS TRES ALUMNOS DESTE CENTRO (RAÚL, ALEJANDRO E RODRIGO) O 1º E 3º PREMIOS DO CERTAME LITERARIO INTERCENTROS. PREMER EN CADA IMAXE PARA VER AS CATEGORIAS E PARA LER OS RELATOS COS QUE GAÑARON.
PREMER AQUÍ

PREMER AQUÍ

PREMER AQUÍ