Umberto Eco, profesor, escritor e humanista, nunha ocasión dixo "O que non lee, aos 70 anos terá vivido unha sóa vida. Quen lee terá vivido 5.000 anos. A lectura é unha inmortalidade cara atrás". Ese é o agasallo que nos deixa Umberto Eco: entrar na vida dos seus inmortais personaxes. Cando lín a súa obra máis coñecida, "O nome da rosa" (editado en 1980), puiden vivir nunha misteriosa abadía do século XIV a través das palabras que tan maxistralmente dominaba Eco. Un xénero fascinante, o thriller medieval, pero tamén unha crítica fronte aos que se cren donos da verdade absoluta.
Dous frades recén chegados (un deles, Guillermo de Baskerville, que no cine foi interpretado por Sean Connery e que por definilo con termos máis coñecidos está entre CSI e Sherlock Holmes) investigan unha serie de crimes nos que todos os monxes que leron un misterioso libro perdido van morrendo un a un.... Cal é o segredo deste libro maldito? Un tratado sobre a risa, o humor e a ironía que o anoxado bibliotecario cego garda na maravillosa e secreta biblioteca escondida na torre... Sen destripar a historia, cando les as páxinas nas que o protagonista Guillemo de Baskerville debe decidir os libros que pode salvar do incendio, Eco consigue que compartas a súa emoción e desesperación....
Eco tamén era un escritor que manifestaba as súas opinións persoais sobre o mundo que lle tocou vivir, deixando unha ampla galería de frases e reflexións salpicadas de humor e crítica . Estas son algunhas delas:
"As redes sociais danlle o dereito de falar a lexions de idiotas que
antes falaban só no bar logo dun vaso de viño, sen danar á comunidade.
Entón eran rápidamente silenciados, pero agora teñen o mesmo dereito a
falar que un Premio Nobel. É a invasión dos imbéciles!"
"Os libros respéctanse usándoos, non deixándoos en paz"
"O mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le"
"Creo que aquilo no que nos convertemos depende do que os nosos pais
ensínannos en pequenos momentos, cando non están intentando ensinarnos"
"Hoxe, cando saen os nomes de corruptos ou defraudadores e sábese
máis, á xente non lle importa nada e só van ao cárcere os ladróns de
polos ..."
"Nunca entendín si esta moda de pedir perdón indica un exercicio de
humildad ou de desfachatez. Fas algo que non deberías, logo pides perdón e
lávaste as mans..."
Stat rosa pristina nomine, nomina nuda tenemus
(da
rosa só queda o nome).
Igual que remata con esta frase O nome da rosa,
de Umberto Eco quedan as súas palabras.
**************************************************************
Outra escritora que morreu estes días, Harper Lee, deixounos un personaxe, Atticus Finch, que representa a integridade moral, o valor e a loita ante a inxustiza. Foi trasladado ao cine coa cara de Gregory Peck, no maravilloso clásico "Matar un ruiseñor"1960, que retrata a America racista na gran depresión dos anos 30. O libro foi incluido nunha lista dos "libros que todos deberían ler polo menos unha vez na vida". Así que xa sabedes!
O libro está narrado en primeira persoa por Scout Finch, unha nena de seis anos de idade , quen vive co seu irmán
maior Jem e o seu pai Atticus, un avogado viudo.
Estas son algunhas das frases que Atticus lles dí aos seus fillos cando estes se decatan de que existe o mal entre os seus propios veciños, nun pobo que creían idílico.
Un non comprende de verdade a unha persoa ata que considera as cousas
desde o seu punto de vista... Ata que se mete no pelexo do outro e
vai por aí cos seus zapatos coma se fose esoutro.
Díganche o que che digan, non permitas que che fagan perder os nervios. Procura loitar co cerebro, para variar...
Aínda que perdamos cen anos antes de empezar, non é motivo para que non intentemos vencer.
Cando un neno che pregunte algo, contéstalle. Os nenos son pequenos, pero
descobren unha evasiva antes que os adultos, e as evasivas
só serven para atontalos.
Para poder vivir con outras persoas teño que poder vivir comigo mesmo. A
única cousa que non se rexe pola regra da maioría é a conciencia dun.
Non hai que dicir que lamentas algo si non é así.
Quería que descubrises o que é o verdadeiro valor, en vez de crer
que o valor encárnao un home cun arma na man. Un é valente cando,
sabendo que a batalla está perdida de antemán, inténtao malia todo e
loita ata o final pase o que pase. Un vence raras veces, pero algunha
vez vence...
Antes que a ninguén, os meus fillos dirixen a súa mirada cara a min, e
eu procurei vivir de forma que sempre poida sostela sen desviar os ollos...