Páginas

25 oct 2016

Lugares literarios no día das Bibliotecas


  O pasado 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Para conmemoralo o Equipo da Biblioteca propuxo que cada clase pensase LUGARES LITERARIOS: sitios onde pasan os contos, as historias e aventuras que máis nos gustan. Despois tiñan que FACER SINAIS co destino escollido para colocalo nun POSTE INDICADOR. Tanto eles coma os maiores de primaria fixeron unha busca de sitios literarios e este foi o resultado. Grazas a todos por colaborar!

 Estos son os sinais realizados en primaria.

 
 


 
 
 Estos son os realizados en infantil.


    Nos blogs de infantil podedes ver máis información sobre a implicación dos pequenos nesta actividade:   
Unha presada de ollomaos de 6ºA cóntanos como viaxaron "moi, moi lonxe".
A clase de Chanclas de 5ºA   a súa aventura "no bosque do lobo e os porquiños".
E a clase de 6ºC dinos como traballaron coas letras para facer o sinal da "granxa"





  Agora só queda seguir os sinais ata estos DESTINOS LITERARIOS!




15 oct 2016

Forever young de Bob Dylan na Biblioteca

    Na biblioteca contamos desde fai tempo na sección de música con este libro sobre Bob Dylan, o recente Premio Nobel de Literatura. A profesora de música teno empregado e recomendado nas súas clases, así como feito audicións de algunhas obras de Dylan. O título do libro é "Novo para sempre (Forever young). Desde a súa aparición no ano 1974 no álbum Planet Waves, esta foi unha das cancións máis populares de Dylan. E conta coas ilustracións de Paul Rogers que  fixo "un homenaxe  a un himno que manterá a súa mensaxe nova para sempre" con imaxes inspiradas nas cancións e na vida de Dylan. En palabras do cantante: "escribín Forever Young pensando nun dos meus fillos. As frases viñéronme soas. Foron escritas nun minuto, e así é como xurdiu a canción. Realmente non quería escribila (buscaba algo diferente). A canción escribiuse soa. Algunhas cancións son así.". Bob Dylan.

13 oct 2016

Bob Dylan: premio Nobel de Literatura

    Este ano o premio Nobel de literatura 2016 non o acadou un escritor digamos "de libros" senón un gran POETA DA MÚSICA. A Academia sueca concedeulle o seu máis importante premio ao cantante BOB DYLAN "por ter creado novas expresións poéticas no marco da gran tradición musical americana". Como dixo Sara Danius, secretaria permanente da Academia cando anunciou o Premio: "Pode ser escoitado e pode ser leido, é un gran poeta na tradición do inglés".
    O cantante americano, ademáis de polo público de varias xeracións, ve así aínda máis recoñecida a súa obra, despois de  ter recibido o Pulitzer en 2008 e o Premio Príncipe de Asturias das Artes no ano 2007. Esta vez o efecto secundario cada vez que un escritor recibe un premio deste calibre, non vai achegar aos lectores ata as librerías senón as tendas de música....
 
    Para saber máis do novo premio nobel desde a páxina oficial da Academia premer AQUÍ+
 
 A resposta está flotando no vento.....

3 oct 2016

Apertura no recreo



    Ola amigos e amigas!

   Como todos os anos, escribo esta primeira carta para animarvos a traballar e ler moito neste novo curso que comeza, e para ofrecervos a miña casa, a biblioteca, para ler e soñar, facer os deberes, consultar e investigar con todos os libros que temos aquí.   A biblioteca abre as súas portas, durante os recreos, hoxe,  luns 3 de outubro. Lembrade tomar a merenda antes de entrar, facer un uso correcto dos recursos, tanto se os utilizades aquí como na casa, son de todos e todas; e, non esquezades devolvelos no mostrador das profesoras antes da data sinalada no interior do libro. Cando queirades levar ou devolver un libro, tede conta de facelo ao chegar e non deixalo para o final, cando xa hai que recoller, pois é moi probable que entón a ringleira de nenos e nenas sexa demasiado longa e non vos dea tempo.


                   Estouvos esperando.     Un saúdo de Leodoro.                 

Unha presada de ollomaos

    "Aló no norte, na Mariña Lucense, os ollomaos (ou bíteres) traen sorte; navegando, navegando... baixamos ao sur, ao mar de Arousa. Despois dun tempo por alí....remontamos ao interior, polos ríos, e agora chegamos ao Val da Maía!". Así comeza a súa andaina un novo blog no colexio, na aula 2 de infantil, co seu profe Ramón e os nenos e nenas de 5 anos.
     Desde a Biblioteca dámoslle a benvida  e poremos un enlace no recanto de Enredados.

premer AQUÍ para entrar