Tríptico coas recomendacións de Nadal elaborado polas Equipos de Dinamización das Bibliotecas Escolares da Maía. Inclue libros, cortos de animación, películas e documentais. Desde os máis pequenos ata os alumnos de bachillerato...
Páginas
▼
18 dic 2016
Guía de Nadal
Tríptico coas recomendacións de Nadal elaborado polas Equipos de Dinamización das Bibliotecas Escolares da Maía. Inclue libros, cortos de animación, películas e documentais. Desde os máis pequenos ata os alumnos de bachillerato...
16 dic 2016
Dramatización: "Ambrosio limpador de estrelas". Colaboradores
Esta semana fixose á presentación da DRAMATIZACIÓN do conto "Ambrosio, limpador de estrelas" coas voces dos alumnos de 6º de primaria que colaboraron este trimestre na Biblioteca. Ao longo da semana fixéronse varios pases para todos os alumnos do colexio. Grazas a todos os que colaboraron na realización do video!
Video coa dramatización do conto do pequeno limpador de estrelas realizado polo compañeiro Paco Fontarigo. Podedes velo tamén no seu blog.
Os alumnos de infantil de 3, 4 e 5 anos foron os primeiros en visionalo, esta é unha montaxe coas fotos da sesión de presentación para os máis pequenos.
9 dic 2016
XELA VOLVEUSE VAMPIRA: A VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de 6º traballou sobre a VIOLENCIA DE XÉNERO a través do libro "XELA VOLVEUSE VAMPIRA" que lles recomendou o Equipo da Biblioteca. Un libro da escritora Fina Casalderrey coas ilustracións de Noemí López editado por Bahía na colección Contos da Igualdade.
O texto leuse nas aulas de 6º ao longo da semana, gustoulles moito e foi unha maneira xenial de tomar conciencia e achegarse a un tema tan duro.
Ademáis fixéronse resumes e ilustracións, algunhas das cales están nesta presentación. Nas demáis aulas de primaria, traballouse o tema de xeito puntual.
PREMER AQUÍ PARA VER OS TRABALLOS |
4 dic 2016
Isabel e Angeles Abelleira Premio Marta Mata de Pedagoxía 2016
Acaba de concederse en Barcelona o prestixioso Premio de Pedagogía Marta Mata 2016 á nosa directora Isabel e á súa irmá Angeles Abelleira da EEI do Milladoiro polo libro “Os fíos de infantil. InnovArte Educación Infantil". Un
traballo que recolle algunhas das experiencias entre os máis de mil
post ao longo dos seis anos de publicación deste blog que é todo un referente na educación infantil e que será publicado en español pola editorial Octaedro, en catalán por Rosa Sensat e en galego pola editorial Galaxia.
Parabens ás dúas!
Deixo aquí o post que elas acaban de colgar no propio BLOG INNOVARTE no que contan a súa experiencia tanto no premio como ao longo dos anos na Educación Infantil.
E, coma sempre, podedes seguir INNOVARTE desde a ligazón no lateral dereito.
A nova foi salindo ao longo da semana tanto na prensa catalana como na galega, nestas ligazóns: La Vanguardia , Faro de Vigo, Diari de l´Educació , e no Correo gallego así como na web de Rosa Sensat.
2 dic 2016
Os alumnos de 5º cóntannos os Dereitos Humanos
Un traballo realizado polos alumnos e alumnas de 5º de primaria no que se achegan aos DEREITOS HUMÁNS a partir de libros proporcionados polo Equipo de Dinamización.
Para saber máis sobre a Declaración de Dereitos podedes entrar na páxina da ONU.
A Declaración de Dereitos Humáns foi proclamada pola Asamblea Xeral
das Nacións Unidas o 10 de decembro
de 1948, en París, como ideal común polo que tódolos pobos e
nacións deben esforzarse.
Mediante esta Declaración, os Estados comprometéronse a
asegurar que tódolos seres humáns, ricos e pobres, fortes e débiles,
homes e mulleres, de tódalas razas e relixións, son tratados iguais.
Por desgraza non temos máis que mirar arredor para ver que aínda falta moito para acadar este obxectivo....
Para lembrárnolos os rapaces de 5º realizaron un mural que está exposto na Biblioteca.