Os pequenos achegáronse, a través do debuxo, á obra "A GALIÑA AZUL" de Carlos Casares. Estas son as súas galiñas!
Páginas
▼
24 may 2017
Lembrando a Agustín Fernández Paz
En lembranza do escritor Agustín Fernández Paz, que da nome á nosa Biblioteca, os alumnos fixeron unha exposición con murais, retratos do autor (xa publicados nunha entrada anterior), portadas alternativas e ilustracións de diferentes frases dos seus libros...
Premer AQUÍ para ver todos os traballos da exposición |
22 may 2017
Concurso Literario Intercentros: a galiña azul
No concurso literario Intercentros que se celebrou entre Abril e Maio e no que participaron os alumnos de 3º a 6º para buscarlle un final diferente á obra "A GALIÑA AZUL" de Carlos Casares, resultaron gañadores estos relatos:
premer AQUÍ para ver mellor o texto |
17 may 2017
Letras Galegas 2017. Carlos Casares: caricaturas de 6º
Os alumnos e alumnas de 6º do ceip A Maía achegaronse á figura de Carlos Casares, o escritor a quen se lle adica este ano 2017 o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Fixérono con algún dos seus libros e tamén a través de estas caricaturas.
premer AQUÍ para ver as caricaturas |
11 may 2017
Rasi: " La pandilla de la ardilla"
Os alumnos de 2º recibiron na Biblioteca a visita de RASI, a mascota dos libros "La pandilla de la ardilla" da editorial SM que estiveron a ler nas clases. A visita de Rasi, que nos chegou desde un colexio de Astorga, foi todo un éxito!
Nora, Aitor, Irene, Ismael e a ardilla Rasi (que vive nun sombreiro e á que lle gustan as avelás, as noces e as galletas) forman unha pandilla que viven moitas aventuras no seu colexio.
Rasi cos profes Manoli, Lourdes e Jesús
Rasi cos alumnos
4 may 2017
Retratos de Agustín Fernández Paz
Os
alumnos e alumnas de 2º realizaron estos retratos de Agustín Fernández Paz,
como homenaxe ao falecido escritor que dou nome á nosa Biblioteca e que nos
agasallou coa súa presenza e con esta fermosa e inspiradora frase: “Onde hai
unha biblioteca, hai unha luz que traspasa todos os muros. Coma un faro,
expande ao seu redor ondas de imaxinación e liberdade”.
Podedes ver os retratos orixinais no corredor da Biblioteca.