Esta fin de semana do 1 e 2 de decembro membros do Equipo de Dinamización estivemos no Palacio de
Congresos de Santiago asistindo as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia organizadas polo CAFI. Co lema para este curso 2017/2018, Aprender a pensar coa biblioteca escolar máis de 1000 profesores e profesoras de ensino infantil, de primaria e de secundaria nos demos cita para "ver como podemos aprender a pensar a través dos contos, da tradición
oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das
lecturas de materiais de divulgación científica, a través das
investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a
pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades
compartidas". (citado da páxina do Plambe).
Queremos que as
Bibliotecas sexan espazos para pensar, soñar, asombrarnos e sobre todo
para facernos preguntas e convertirnos en cidadáns críticos, con
capacidade para pensar por nós mesmos, en definitiva para ser capaces de
"pensar ben".
Despois da
presentación do Sr Conselleiro de Educación, escoitamos ponentes de
Granada, San Sebastian..., e compañeiros que compartiron as suas
experiencias desde institutos e escolas rurais e urbanas de toda Galicia, desde a
Coruña, Vigo, Santa Comba, Noia, Muros, Cambados, Vilanova, Malpica,
Salvaterra, Melide, Rois, Betanzos, Sober e Castro de Rei en Lugo, Vilar de Barrio en Ourense, Pontevedra....
Desde todo tipo de
escolas e Bibliotecas, escolares e públicas, e en todo tipo de circunstancias, faláronnos de :
- Filosofía para nenas e nenos: aprender a pensar.
- Proxectos intercentros: atrevéndonos a valorar o valioso.
- A colección da biblioteca escolar e as súas circunstancias.
- Repensando o presente.
- Iniciativas filosóficas. A Olimpiada de Filosofía.
- Experiencias. Escornabots.
- Experiencias. Proxecto Lector.
- Proxecto comedor Experiencias.
- Pintamos moito.
- A biblio do Valle Inclán. Unha aposta polos proxectos de centro.
- Repensar as bibliotecas: a UBIK de Donostia.
-
Penso, logo leo. As bibliotecas escolares como espazos de diálogo e reflexión
- Funiversity Robolution. Competencias informacionais e mediáticas para aprender divertíndose
- Estratexias para que a mocidade lea libros de filosofía.
- "Entrelibros". A lectura en voz alta como ferramenta de intervención social.
- e a intervención final da escritora e narradora oral Charo Pita cos contos filosóficos.