CONMEMORACIÓN:
" O día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo, conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en condicións de igualdade co home e o seu desenvolvemento integro como persoa.
En España, o 8 de marzo de 1910 ten significado
especial, pois a partir dese día a muller puido acceder ao Ensino
Superior, cando se aprobou unha
real orde que autorizou "por igual a matrícula de alumnos e alumnas"
pouco despois de que a galega Emilia Pardo Bazán fose nomeada conselleira de
Instrución Pública. Anteriormente, as pioneras de finais
do século XIX comezaran a ir á Universidade pois non existía ningunha
lei en contra. Non estaba prohibido, ao principio, porque simplemente
ninguén pensara, xamais, que unha muller quixese estudar ou que o necesitase para ser unha boa nai e esposa..."
É un proxecto da Comisión de
Igualdade do Consello da Cultura Galega. A través del trátase de dar visibilidade ás
contribucións das mulleres en todos os ámbitos de relacións sociais. O
Álbum de mulleres ten como obxectivo recuperar e facilitar
o acceso á información, imaxes, traballos e traxectorias das mulleres galegas ou relacionadas con
Galicia. É un centro de documentación dixital que pretende divulgar e servir como ferramenta de
traballo na investigación ou no ensino.
E estas fermosas obras de Leandro Lamas
O que pasa é que ao longo da Historia, como decía Quino en boca de Mafalda:
PERO HOXE: