A nova guía de lecturas recomendadas para este Nadal 2018 elaborada pola rede de Bibliotecas Escolares dos Centros Públicos de Ames.
Páginas
▼
21 dic 2018
25 nov 2018
Día dos dereitos dos nenos.
O pasado 20 foi o Día dos dereitos dos Nenos e para conmemoralo o Equipo de Dinamización da Biblioteca xunto co Equipo de Convivencia
prepararon unha serie de actividades e montaron un recanto no segundo
andar polo que foron pasando os alumnos. Espuxéronse libros sobre o tema
dos fondos da Biblioteca.
Tamén podedes ver na web do colexio: as exposición de carteis sobre a violencia de xénero, a porta violeta de Rozalén dos alumnos de relixión e tamén ler os comentarios sobre as curtametraxes escritos polos rapaces que asistiron ao Cinema Crianza e que estaban centradas no acoso escolar, sexismo e discriminación e superación de obstáculos.
(ademáis dos materiais aportados por Convivencia e Biblioteca, tamén atopamos na rede este interesante recopilatorio de recursos feito por Asunción García Álvarez para traballar os dereitos dos nenos.)
3 nov 2018
Lecturas de medo polo Samaín
Durante esta semana temos a exposición coas cabazas do Samaín
organizada polo Equipo de Extraescolares e realizadas polos alumnos e
alumnas coa axuda das familias. O Equipo da Biblioteca Escolar colaborou na selección de libros relacionados coa temática do Samaín e Hallowen.
As cabazas e os libros de medo estiveron na entrada do edificio de infantil e no primeiro andar do de primaria. Podedes ver as fotos da exposición na web do colexio premendo AQUÍ .
28 oct 2018
Lecturas compartidas na Biblioteca
Os voluntarios da Biblioteca recibíronnos vestidos como personaxes dos contos, repartímonos por grupos e contaron e leron para os máis pequenos.
Ao principio todos estaban un pouco nerviosos, pero foronse soltando e todos quedaron encantados.
Os pequenos xa queren repetir a experiencia porque o pasaron xenial!
Carballos literarios na Maía
Desde os pequenos de tres anos ata os de 6º, todos os alumnos do ceip A Maía participaron na decoración destes
carballos literarios, aos que lle saen follas cos títulos de libros que
nos gustaron moito.
As árbores dos libros quedaron así, grazas
tamén ao profe Moncho que os debuxou e aos colaboradores de 6º que botaron unha man na montaxe. Grazas a todos por aportar tantas follas!
Leodoro nas clases de primeiro
Ao longo da semana conmemoramos o 24 o día das Bibliotecas Escolares,
e todo o colexio estivo implicado nas distintas actividades que fixemos. Nas aulas de primeiro, que son nenos que acaban de saír de Infantil e que xa disfrutaban da Biblioteca, pero con visitas desde o outro edificio, recibiron a visita de Leodoro que lles explicou as normas de uso e disfrute da Biblioteca e os convidou a visitarnos a miúdo.
Outro primeiro iniciandose na Biblio
25 oct 2018
24 de Outubro Día das Bibliotecas Escolares
Hoxe conmemórase o día das Bibliotecas Escolares, e ao longo destes últimos días todo o colexio participou en varias actividades. Na seguinte entrada contaremos polo miudo como se foron desenvolvendo. Hoxe xa vos adiantamos as ÁRBORES DOS LIBROS LEIDOS, que se fixeron tanto en infantil como en primaria.
Polas aulas de primeiro pasou Leodoro, a mascota da Biblioteca, para invitar aos nenos a visitarnos.
Os pequenos de infantil foron recibidos polos colaboradores de 6º que lles contaron moitos contos nunha xornada moi interesante.
Nas seguintes entradas contaremos como nos foi todo!.
21 oct 2018
Novos usuarios e colaboradores da Biblioteca
Cada ano, os primeiros meses na Biblio son un rebulir de nenos e actividades, sobre todo para organizala e poñela a funcionar con xente nova (tanto alumnos como profes). A maioría xa coñecen a Biblioteca desde Infantil, pero ao estar en distintos edificios o seu uso e
disfrute non era posible cada día como agora.
Unha das actividades que facemos é explicarlle as normas aos novos usuarios que se incorporan en primeiro para que sexan autónomos na busca e petición de libros.
Tamen se estiveron a formar os equipos de colaboradores que os acompañan e axudan durante os recreos. Como sempre, agradecelles que nos cedan parte do seu tempo participando no bo uso da Biblioteca.
26 sept 2018
14 sept 2018
Apertura da Biblioteca e BIBLIOPATIO
A Biblioteca do Ceip A Maía, que desde fai anos leva o nome de "Agustín Fernandez Paz" en homenaxe ao escritor, abre as súas portas para este curso. Xa vos iremos contado proxectos e novedades. Esperamos a vosa visita!
Ademáis xa está tamén posta a instalación do BIBLIOPATIO para disfrutar coa lectura durante o recreo!
22 jun 2018
Un verán lector!
Que teñades un bo e lector verán!
A mellor viaxe pode estar nun libro.
Vémonos en setembro!
Agradecemento aos colaboradores de 6º
Os alumnos e alumnas de 6º que colaboraron este ano na Biblioteca do Ceip A Maía recibiron como agasallo un diploma e unhas camisetas por participar no Voluntariado de lectura-A. Tamén fixeron unha saída á Cidade da Cultura en Santiago.
Grazas rapaces pola vosa axuda!
RECOLLENDO DIPLOMAS E CAMISETAS
OS ALUMNOS NA CIDADE DA CULTURA
OS VOLUNTARIOS E AS VOLUNTARIAS NA BIBLIOTECA
OS VOLUNTARIOS E AS VOLUNTARIAS NA BIBLIOTECA
20 jun 2018
guía de lecturas para este verán
Elixe libro e prepárate para viaxar!
Como en ocasións anteriores as Bibliotecas escolares do Concello de Ames elaboramos unha guía conxunta con recomendacións lectoras para os alumnos desde infantil ata bacharelato. Disfrutádeas neste verán!
2 jun 2018
PROXECTANDO en VERDE: Aula virtual e códigos QR
Ao longo do curso os alumnos participaron nun traballo en común sobre todas as árbores e as plantas que temos no colexio... e por fin está rematado. Chámase "PROXECTANDO en VERDE" e na AULA VIRTUAL da web do cole tedes a disposición de todos o resultado da investigación sobre todas as especies do inventario. Agora, desde os máis pequenos de infantil ata os maiores, son pequenos expertos na súa especie. Decoráronse ademáis as portas das aulas coas especies traballadas.
Tamén se colocaron sinaladores a carón de cada especie co seu nome e teñen un código QR elaborado polo equipo de TICS desde o que podedes acceder a toda a información recollida.
Algunhas das portas:
Algúns dos carteis:
25 may 2018
"O ceo dos afogados" de Francisco Castro
Os alumnos de 6º realizaron este traballo sobre o libro "O CEO DOS AFOGADOS" de Francisco Castro que foi finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil no 2007.
Fixeron os delfíns e as fichas coa reseña deste libro que trata de Jonathan, un neno de 15 anos con dificultades para relacionarse a quen mandan a un centro de delfinoterapia...
RESUMO na páxina da editorial Xerais: "Todos os delfíns de todos os mares, todos os delfíns de todos os
océanos, todos os delfíns de todo o planeta decidiron xuntarse á mesma
hora no mesmo punto de todos os mares, de todos os océanos de todo o
planeta para dende alí avanzar cara á costa. Ás seis horas xustas de ter
iniciado aquela estraña peregrinación, como chamados por unha orde
misteriosa, pararon, todos de súpeto e de vez.... LER MÁIS +
Unha parte do mural:
"Eu conto, ti cantas" de María Victoria Moreno, por 2º C
Un traballo dos alumnos e alumnas de 2ºC de primaria sobre o libro "Eu conto, ti cantas" de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
Este libro reúne tres contos de animais
escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: “Xa non teño medo”, “Can
branco, can negro” e “¿Un cachiño de bica?”.
13 may 2018
A poesía de María Victoria Moreno nas voces de Fuxan os ventos
Queremos compartir con todos vós esta peza de Fuxan os Ventos (do que forma parte a nosa compañeira e mestra deste centro, Carmen Vázquez), que acaba de facer pública a súa homenaxe á autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018. O grupo difundiu a través de distintas canles o vídeo no que interpreta "Lúa de prata", adaptación musical de "Cantiga", un dos poemas que se fixeron públicos en Elexías de luz (Xerais, 2006), a obra póstuma que recolle a poesía para adultos da escritora María Victoria Moreno.
Esperamos que desfrutedes desta fermosa interpretación cunha harmonía de sons, na que as voces, vento, corda e percursión van da man sublimando as verbas de María Victoria Moreno.
7 may 2018
"Atlas dos horreos de Galicia" de Carlos Regueira
O venres os alumnos de 3º recibiron a visita de Carlos Regueira Doctor Profesor de Nutrición na USC no Departamento de Epidemioloxía e Saúde
Pública. Pero non veu na súa faceta científica nin como pai dunha das nosas alumnas, senón como autor dun extenso, completísimo e sobre todo fermoso ATLAS DOS HORREOS DE GALICIA. Fixo o traballo partindo dunha unha afición, como el mesmo dí nunha entrevista na TVG que podedes ver premendo AQUÍ.
No libro recolle unha das formas máis nosas da arquitectura popular de Galicia. Como dí na dedicatoria do exemplar que nos deixou na Biblioteca "para que nos axude a PRESERVAR O NOSO PATRIMONIO."
Un traballo de máis de catro anos,
tres deles percorrendo Galicia para documentar fotográficamente máis de
9351 horreos (que son só un terzo dos que temos!). Ademáis fixo unha clasificación por tipos, según as formas e a localización xeográfica.
Todo está reflectido nesta coidada edición a través das 300 páxinas, 118 mapas, 1120 fotografías e moitos datos...