28 feb. 2019

os poemas de Rosalía polas rúas de Bertamiráns.


    Como seguramente xa vistes polas rúas de Bertamiráns, ao longo destas semanas mediante os proxectos “Rosalía tamén vive aquí” e “Rosalía na terriña”, unha idea do equipo de normalización do Concello, estivemos a colocar carteis e laxas de pizarra con distintos versos da poetisa, co obxectivo de compartir coa veciñanza os seus poemas. 

Neste Issuu podedes ler os que non atopastes polas rúas. (para velos ben ampliade a imaxe a pantaia completa)

27 feb. 2019

Un paseo literario con Rosalía polo rego Ameneiral

 

     Nos últimos anos o Centro participa co resto da comunidade educativa nunha proposta do Equipo de Normalización Linguística do Concello de Ames para celebrar o aniversario de Rosalía de Castro con diversa iniciativas que queremos compartir cos veciños. Este ano cada clase escolleu un poema da escritora e decorou carteis que despois os nenos levaron para  casa para expoñer por todo Bertamiráns.

    Fixeron o mesmo cunha laxa de pizarra que despois cada clase levou para colocar no Parque do rego Ameneiral: os maiores foron camiñando e os máis pequenos en bus. Alí a carón do rio podedes pasar un rato lendo anacos da súa obra.

  Copias das láminas están expostas polos corredores do colexio, tanto en infantil como en primaria.