28 feb 2021

Carteis de 5º e 6º lembrando a Rosalía de Castro

    Seguimos coa publicación dos carteis elaborados polos nenos de 5º e 6º de Primaria para participar na homenaxe a Rosalía  organizado polo EDNLG do Concello en coordinación cos dos centros baixo o lema "A LUZ DE ROSALÍA".  Buscadeos polas rúas e disfrutade dun paseo literario! 

   Estos son os carteis sobre os poemas negra sombra e este vaise e aquel vaise  elaborados polas alumnas e alumnos de 5º de Primaria :  





E os  carteis elaborados polas alumnas e alumnos de 6º de Primaria,  cunha escolla de versos de Rosalía.




26 feb 2021

Carteis de 3º e 4º para o Día de Rosalía

  Seguimos coa publicación dos carteis elaborados polos nenos de 3º e 4º de Primaria para participar na homenaxe a Rosalía  organizado polo EDNLG do Concello en coordinación cos dos centros baixo o lema "A LUZ DE ROSALÍA".  Buscadeos polas rúas e disfrutade dun paseo literario! 

Estos son os carteis sobre os poemas dunha boda na aldea, o mes de maio e unha pequena biografía  elaborados polos nenos e nenas de 3º de Primaria : 




Carteis elaborados polos nenos e nenas de 4º de Primaria, sobre os poemas de unha boda na aldea, anque nacese xordo, arriba rapaciñas e unha recopilación de ideas que nos iluminan sobre a vida e obras de Rosalía 





A luz de Rosalía no Concello de Ames : carteis de 1º e 2º de primaria

    Publicamos hoxe os carteis elaborados polos nenos de 1º e 2º de Primaria para participar na homenaxe a Rosalía  organizado polo EDNLG do Concello baixo o lema "A LUZ DE ROSALÍA". Os equipos de cada centro organizáronse para que os rapaces fixeran os carteis para colgar polas farolas das rúas. Irémolos subindo aos poucos. A ver si os atopades polas rúas e disfrutades coa lectura! 

Carteis elaborados polos nenos e nenas de 1º de Primaria: de alboradas, galos e pitas.




Carteis elaborados polos nenos e nenas de 2º de primaria: negra sombra, eu por vós e vós por outro.




23 feb 2021

"A luz de Rosalía". Nenos de Ed.infantil. Certame poético polas rúas de Bertamiráns

Este ano o EDNLG do Concello de Ames escolleu para conmemorar este 2021 o Día de Rosalía o lema "A LUZ DE ROSALÍA". En coordinación con eles os equipos equipos de Normalización de cada centro organizáronse para que os alumnos de Ames fixeran os carteis para colgar polas farolas das rúas. Irémolos subino aos poucos. Buscadeos polas rúas e disfrutades coa lectura!

Estos son os carteis que fixeron os pequenos de infantil:

3 ANOS 

 


4 ANOS




 5 ANOS




 

11 feb 2021

Día Internacional da muller e a nena na Ciencia

  Hoxe, no Día Internacional da muller e da nena na Ciencia  desde as Concellerías de Promoción Económica e de Igualdade, publicaron este video para darlle visibilidade á labor que pequenas e grandes realizan xa mesmo e poden realizar no futuro neste sector. Dan a súa opinión mulleres de Ames: alumnas dos IES do Milladoiro e Ames coas súas profes, dos coles de Barouta, Ventín, Agro do Muiño e do noso Ceip A Maía (Aldara e Candela de 4º).

  A idea xeral que aportan entre todas é moi interesante: "aínda que é importante visibilizar e valorar o traballo das mulleres científicas, non é cuestión de celebrar un só día, senón facelo tódolos días, sin diferenciar entre nenas e nenos, para conseguir un equilibrio no que primen sobre todo as capacidades. E sobre todo, como dí unha delas, que che guste a Ciencia"

 


   Como exemplo da labor das mulleres na Ciencia, podedes ler este artigo na páxina da ONU sobre "as mulleres científicas, líderes na loita contra o COVID-19". Fala do papel crucial das investigadoras nos diferentes frentes da loita contra o virus, desde los avances no seu coñecemento hasta o desenvolvemento de técnicas para as probas de detección e as vacunas. LER MÁIS  PREMENDO AQUÍ+

8 feb 2021

Guías do Antroido en Galicia

 A Xunta de Galicia ven de publicar estas  GUÍAS SOBRE O ANTROIDO nas que recollen tódolos personaxes e as larpeiradas das principais festas do noso territorio. Son interesantísimas e moi completas. 

 


"En Galicia hai nove entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico:

É tempo de Entroido!

 Para darlle unha volta máis ao Entroido, acabamos de engadir aos nosos fondos estos dous libros do autor  Ramón Veiga e o ilustrador David Sierra. Están publicados por Xerais


1. É TEMPO DE ENTROIDO 

Reseña:

"É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. Esto sería o que pasaría si se xuntasen os personaxes típicos do Entroido galego para facer unha comida: pois que todos traerían as larpeiradas propias de cada zona!. Un repaso a personaxes e productos típicos!."

 

2. NON PARE A FESTA

 Reseña:

"Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras."