Páginas

14 nov 2021

Premio Astrid LindGren memorial Award 2022

 "A Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia, impulsada pola Xunta, está nomeada ao premio internacional Astrid LindGren memorial Award 2022, un dos recoñecementos máis valorados no mundo do libro infantil e xuvenil. O gañador do galardón, outorgado polo Goberno sueco, coñecerase en maio de 2022 no marco da Feira do Libro Infantil en Bolonia.

A candidatura galega atópase entre os 282 proxectos de 71 países que tamén optan a este galardón, e é o único proxecto institucional nomeado en representación de España.

O resto dos candidatos españois son autores a título individual como é o caso da tamén galega escritora, contacontos e actriz Paula Carballeira, as ilustradoras Jacqueline Molnár e Elena Odriozola e o autor Jordi Sierra i Fabra". LER MÁIS AQUÍ +

E para entrar na páxina da asociación (está en sueco e inglés) premede na imaxe de abaixo:


 

9 nov 2021

O blog das aulas de 4 anos

 

   Damos a benvida a un novo blog no cole!. Os profes de 5º de infantil irán compartindo con todos as actividades, experiencias e proxectos que están a facer os alumnos de 4 anos. Esperamos que vos gusten!. 

    Premede na imaxe para acceder ou tamén na pestana lateral. 


 

24 oct 2021

24 de outubro: Día das Bibliotecas

 "Dende 1997 o 24 de outubro celébrase o  Día das Bibliotecas, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando o Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas a través da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura. A edición deste ano faise  baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”  Para mais información preme AQUÍ +  
O lema das bibliotecas escolares de Galicia é "a Biblioteca escolar ten a palabra" , e quere poñer o foco na palabra e na oralidade.

 Desde o Equipo  de Dinamización da Biblioteca este ano propuxémoslle aos titores a realización duns marcapáxinas que reflectixen o placer de ler, de aprender, e a aventura de descubrir outros mundos a través das palabras dos libros...

E este foi o resultado:

Os marcapáxinas de infantil


Os marcapáxinas de primaria





BIBLIOTECA: VOLTAMOS!!!

 Aquí estamos outra vez!

con novos membros no Equipo, máis ánimos...

...e a punto de recuperar o espazo físico da nosa Biblioteca, que leva case 2 anos desmontada para dar servicio ao comedor. 

Tiñamos aínda nos ollos esta imaxe do Bibliopatio derrubado

... pero agora xa temos o primeiro moble colocado!

pero coa axuda de Leodoro e todos os seus colaboradores

 
esperamos estar de novo operativos na nosa Biblioteca 
e abrir as súas portas a toda a comunidade educativa!!!

26 may 2021

Xela e as Letras Galegas

   Os alumnos e alumnas de infantil e primaria fixeron un achegamento á vida e obra da poeta, profesora, tradutora e editora  XELA ARIAS, nacida en Sarria, Lugo, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. 

 Os nenos de infantil, primeiro e segundo traballaron co poema* que Xela lle adicou ao seu fillo Dario na obra "Darío a diario" e debuxaron o retrato deles con súas nais.


"...tódolos nenos son tu e ningún coma ti...

tódalas nais son eu e todas coma mín saben que és único" 

21 may 2021

"Sucedeu no camiño primitivo" de Xosé A. Perozo (alumnos de 5º e 6º)

 O alumnado de 5º e 6º  fixo unha lectura do libro "Sucedeu no camiño primitivo" de Xosé A. Perozo, no que a partir dun suposto achádego na Catedral de Oviedo se van comparando a época medieval e a actualidade. O texto recolle a viaxe fundacional das peregrinacións a Compostela desde Oviedo, realizada no século IX polo rei Afonso II o Casto. A obra segue a unha parella de investigadores, que deciden repetir a andaina e comparar o pasado medieval coa realidade presente.

 Os alumnos e alumnas investigaron sobre este antigo itinerario a Santiago de Compostela e encheron de murais co resultado do seu traballo os corredores do segundo andar do colexio.