Páginas

23 may 2024

Visita de Ramón D. Veiga

Chegou ao noso cole unha visita moi esperada polos nenos e nenas de primeiro: Ramón D. Veiga estivo con nós e pasámolo xenial! Este escritor é o autor dos títulos "Miñoca e ourizo", "Miñoca e coello" e "Miñoca e pega", da editorial Xerais. Podedes ver as fotos destes títulos a continuación. Esta colección cautivou aos máis cativos e cativas de primaria.
Durante esta sesión os nenos e nenas convertéronse en ilustradores e ilustradoras, imaxinando aloucadas viñetas que embarcaban, esta vez, a miñoca e ao seu amigo coello en aventuras hilarantes cheas de imaxinación.
Tamén tivemos a sorte de coñecer de primeira man o que lle acontece a miñoca, coello e pega na nova entrega da colección: "Chove!". Respondendo ás preguntas dos nenos e nenas, Ramón falounos do seu libro máis especial, "Violeta quere ser vampiro", inspirado nunha anécdota familiar. Esperamos que disfrutedes tanto coma nós lendo os seus libros!

13 may 2024

Visita de Eva Mejuto

Dentro do itinerario lector deste curso, o alumnado de 5º de primaria puido ler a novela de Eva Mejuto, "O día que choveron gatos", unha divertida historia chea de humor, sátira, solidariedade e amor polos animais.
Catarina múdase desde a gran cidade a unha pequena, gris e aburrida vila, ou iso pensaba ela. Aínda por riba, o propietario da vivenda onde se instala coa súa familia é Ovidio Lema, un personaxe desprezable que se presenta ás eleccións municipais polo PAI: a plataforma antianimalista que pretende acabar cos gatos da rúa. Catarina ponse a traballar pola súa conta para boicotear a campaña, convencida de que só ela pode salvar os animais. Pero un día van chover gatos e Catarina decatarase de que unha persoa soa non pode cambiar o mundo, pero en boa compañía pode, polo menos, intentalo.