Día das Letras Galegas: Antonio Fraguas

   O etnógrafo, antropólogo, historiador, xeógrafo e mestre  Antonio Fraguas Fraguas (aldea de Insuela, parroquia de Loureiro, Cotobade, 1905- Santiago, 1999) é a personalidad literaria elexida pola Real Academia Galega (RAG) para protagonizar o Día das Letras Galegas de 2019.
   Fraguas foi un estudoso do patrimonio cultural galego: xogos infantís, literatura oral, entroido, nadal… Foi un dos creadores da Escola de Etnógrafos xunto con Risco, Filgueira ou Xaquín Lorenzo ( Xocas). 

   Nesta páxina de  culturagalega  recollen "un roteiro que percorre 120 vizosos quilómetros das provincias de Pontevedra e Ourense, visitando espazos biográficos de Antón Fraguas, territorios que foron obxecto das súas investigacións etnográficas e históricas e que deixou plasmadas en numerosas publicacións. Diversidade de paisaxes, de arquitecturas e de xentes para coñecer mellor a un dos grandes etnógrafos de Galicia".  Premede na imaxe para ver as localizacións.
Os roteiros de Antonio Fraguas


   Foi o primeiro director do Museo do Pobo Galego en Bonaval (Santiago). Desde alí comparten este unidade didáctica sobre Antonio Fraguas con actividades para todos os niveis educativos.

Museo do Pobo Galego

    Reproducimos tamén aquí o material recollido e elaborado polo CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo que gañou o concurso-exposición Letras Galegas. O centro carballés fíxose co premio na categoría de infantil e primaria coa mostra “Antonio Fraguas, con A de agarimo e F de folclore” e que está publicado pola Xunta de Galicia.

“Antonio Fraguas, con A de agarimo e F de folclore”
********************************************************************
 Neste Symbaloo do CEIP Xesús San Luís Romero tamén recollen moitos recursos:
Recollido polo CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo
 *******************************************************************************

No hay comentarios: