Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno


   Neste Symbaloo que compartimos aquí temos recopilada moita información sobre María Victoria Moreno a escritora a quen se lle dedica este ano 2018 o DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  Información recollida nas páxinas da Real Academia Galega, no Seminario Galán, no Portal galego de educación, na Galipedia, no albúm de mulleres e en moitos coles e institutos galegos buscando por moitas páxinas de internet...  (grazas a todos por compartir!)
   Tamén está a peza de Fuxan os Ventos (do que forma parte a nosa compañeira e mestra deste centro, Carmen Vázquez), que  acaba de facer pública a súa homenaxe á autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018. O grupo difundiu a través de distintas canles o vídeo no que interpreta "Lúa de prata", adaptación musical de "Cantiga", un dos poemas que se fixeron públicos en Elexías de luz (Xerais, 2006),  a obra póstuma que recolle a poesía para adultos da escritora María Victoria Moreno.

  Irémolo  actualizando  ....  


No hay comentarios: