Xa estamos aquí de novo, no comezo dun novo curso, que esperamos disfrutar xuntos. Estamos aquí rodeados dos libros que queremos, que nos gustan, que nos recordan os momentos que pasamos gozando dá súa lectura... Libros que nos achegan a eses amigos que levamos tempo sen ver e que, cando os atopamos de novo, fannos lembrar con agarimo os momentos pasados ao seu lado. Igual nos pasa cos bos libros, que son como amigos que nos falan, que nos contan as súas aventuras, boas ou malas, que nos fan pensar, que nos animan...
Desde as Bibliotecas escolares recomendamos libros: para gozar, para emocionarnos, e para progresar e mellorar... "Lemos para divertirnos, para pasar un intre, para coñecer o mundo, para coñecer outros mundos, para saber, para aprender, para compartir unha historia común, para non esquecer o pasado, para pensar, para aprender a pensar, para rir, para chorar, para refuxiarnos, para evadirnos, para imaxinar, para explorar, para pasalo ben, para soñar e, sobre todo, para facernos medrar como persoas..."
En todo iso pensamos os mestres ao longo do curso e, os que traballamos nos equipos das Bibliotecas escolares, esperamos poder levalo a cabo e transmitilo ao longo destes meses que temos por diante...
Cando recomendamos un libro, transmitimos só una parte do misterio da lectura, pero atrás de eso queda a intriga da busca, a ledicia de atopar unas páxinas que che emocionan ou che devirten e que esperas poder compartir cos novos lectores… Ás veces a busqueda dun bo libro semella a busqueda dun tesouro e realmente eso é o que son os libros.
Por iso na Biblioteca estamos coas portas abertas esperando que cada un atope o seu tesouro, e encha de diversión, coñecemento e imaxinación o seu propio cofre.
Benvidos todos e todas e comenzade a busqueda!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!