clicar en crtvg |
Ao longo deste curso os alumnos/as das tres clases de 5 anos e unha de cuarto de primaria estiveron a participar na elaboración de películas de dibuxos animados.
Tratábase dunha actividade para a promoción da ligua galega. Nos tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a dirección Xeral de educación en colaboración co CRTV Galega e a editora OQO. A partir dos álbumes publicados por OQO editora, os nenos crearon unha animación audiovisual en stop motion.
Fixeron catro películas de dibuxos animados. Os de infantil escolleron os contos “SOPA DE NADA”, “QUE SUSTO CARACOL” e “NAVEGA CARACOL” e os de 4º de primaria "A GUERRA DOS NÚMEROS". Despois de ler os contos e asimilalos, comezaron o proceso de facer unha película. Explicouselle aos máis pequenos como se facían as primeiras películas de dibuxos (dibuxando e pintando fotograma a fotograma!).
Despois pasaron a ver a técnica do stop motion, que consiste en fotografar paso a paso, tódolos fotogramas da escena, para darlle sensación de movemento. Armáronse de cámaras, trípodes e moita paciencia e comezaron entón a fotografar: 24 fotos para conseguir ter só un segundo de animación! . Tendo en conta que cada clase ten 25 técnicos de animación, 25 ilustradores, 25 guionistas, 25 críticos... non sei si podedes imaxinar o traballiño que lles dou !
Logo traballaron con todas as fotos nos programas de stop motion Monkey Jam e Imovie que por suposto, como todas as cousas, funcionaban cando querían e fallaban cando lles parecía…
E para rematar, montaron todas as escenas co Movie Maker, grabaron os audios do conto co Audacity e puxéronlle música:
----------------------------------------------------------------------------------------
Logo traballaron con todas as fotos nos programas de stop motion Monkey Jam e Imovie que por suposto, como todas as cousas, funcionaban cando querían e fallaban cando lles parecía…
E para rematar, montaron todas as escenas co Movie Maker, grabaron os audios do conto co Audacity e puxéronlle música:
XA TIÑAN UNHA PELÍCULA DE DIBUXOS ANIMADOS!!!
O resultado pode verse na canle infantil da CRTVG,e alí tamén están as curtas feitas polos alumnos de outros coles.
clicar para entar na canle da rtvg |
E... de fantástico remate, Gonzalo "Darabuc" o autor de "Sopa de nada", púxonos un comentario (podedes velo na entrada anterior sobre a Exposición das portadas). Tamén lles mandou varios correos aos nenos e nenas de cinco anos que traballaron co seu conto. Imaxinade o entusiasmo dos pequenos: un autor que lles escribe!. E ademáis puxo a película no seu blog. Desde aquí repetimoslle o noso agradecemento!.
¡Hola! No hay de qué, el agradecimiento es mío, por el cariño que pusieron. Además vale la pena recordar que esta es una historia popular, un cuento que, con versiones distintas, hace mucho que funciona (lo suelen llamar la "sopa de piedras"). Yo hice mi propia versión, y ahora vosotros la vuestra. ¡Es una maravilla! Es la vida de la literatura oral, en funcionamiento puro; contar y que otros cuenten lo que tú les has contado es un sueño hecho realidad. Y encima, con el trabajo manual, en equipo y nuevas tecnologías. ¡Para quitarse el sombrero!
ResponderEliminarApertas,
Darabuc
Bos días, na web da CRTVG só atopei 2 dos tres vídeos feitos polos nenos, onde podemos acceder ao vídeo do conto "Que susto!".
ResponderEliminarGrazas pola información e noraboa polo traballo realizado,
bos días: o video de "que susto" non se subeu a crtvg por "problemas técnicos": borrouse todo o borrable, perdeuse todo o perdible e atragoouse todo o atragoable. En canto esté todo rematado subireino a este blog da Biblioteca. graciñas por preguntar. un saúdo.
ResponderEliminar