A semana pasada conteivos a historia Malala, a nena pakistaní , tiroteada polos talibáns polo delito de escribir un blogue no que pide o dereito a educación para as nenas.
Que unha nena sexa obxectivo a eliminar, indica o medo que lle teñen os intolerantes aos que teñen a capacidade de pensar por si mesmos e expresar as súas ideas.
As ideas poden ser moi perigosas para algúns e sobre todo se están impresas nos libros. Ao longo da historia, temos exemplos de censuras e prohibicións. Podería parecer que a literatura infantil e xuvenil estaría fora das listas dos intolerantes e censores... pois non!
Un día buscando material para os máis pequeniños atopei "LA LINEA", un "sinxelo" contiño sobre as posibilidades tanto gráficas como motoras dunha simple liña. Entereime tamén de que ese libro fora considerado perigoso e subersivo pola dictadura arxentina ... e deume por buscar algo máis.
Esta é unha pequena escolla de libros que en algún momento foron incluidos en esas listas negras e os motivos que argumentaron os intolerantes. Sorprende ver os libros incluidos e aínda máis os motivos!
E AGORA VEREDES PORQUÉ A LIÑA É UN LIBRO SUBERSIVO E PERIGOSO!!!