Páginas

5 nov 2012

MALALA: UNHA HISTORIA DE MEDO E VALOR.

     Estamos no Samaín, no tempo dos medos, e esta que vos vou contar  é unha historia de medo: o medo que algunha xente lle ten a deixar que outros pensen pola súa conta,  o medo á cultura... o medo á liberdade. 
        Tamén é unha historia de valor, a historia de Malala Yusafzai ( ملاله یوسفزۍ) unha nena pakistaní de 14 anos que se atreveu a escribir un blogue contando a vida  no seu pobo,  onde os talibáns lle teñen prohibido ás nenas ir a escola....

        En octubre, cando voltaba da escola para casa con unhas amigas, Malala foi tiroteada por un talibán ... precisamente na cabeza, o instrumento que ela usa para loitar polo seu dereito a pensar e polo dereito a educación das nenas. A pesar das tremendas feridas, Malala non morreu e estase a recuperar lentamente nun hospital inglés, aínda que terá que ser operada moitas veces.
          
         Esperemos que a loita de Malala, o seu valor e coraxe, nos faga máis concientes da sorte que temos de nacer onde nacemos e  das oportunidades das que disfrutamos, xa que calquera de nós podía ser Malala. E por eso mismo temos a obriga de apoiar e axudar aos demais a alcanzar os plenos dereitos como persoas.
                                                   
                                                       PENSAR  NON  É  UN  DELITO !
                                           TER  DEREITO  A  APRENDER  TAMPOUCO!



 escolas de nenas con todo o material de que dispoñen...

Un pobo que non pode aprender a pensar será un pobo sometido. 
   Un libro pode ser unha arma moi poderosa: unha arma contra a ignorancia e a escravitude. 
       Por eso temos que encher as nosas cabezas de armas contra a ignorancia...
          Os ignorantes e intransixentes ténenlle tanto medo a unha nena de 14 anos que lle pegaron un tiro! 
                Si Malala pode, todos podemos!



unha escola de nenas
bombardeada polos talibáns
 
Malala cando foi tiroteada



No hay comentarios:

Publicar un comentario

opina aquí!