Páginas

7 abr 2013

LECTURAS COMPARTIDAS

     O pasado xoves 21 de marzo o alumnado de 6º C asistiu ás aulas de Infantil para dramatizarlle uns contos aos máis pequenos do cole. Foron catro grupos que percorreron as distintas aulas de Infantil representando os seguintes contos: "O gato con botas", "A bruxa Sinforosa", "Os Bolechas fan tatuaxes" e a fábula de "A formiga e a cigarra".
    Durante o segundo trimestre estiveron preparando os contos durante a "Hora de Ler" . Logo, debido ao temporal dese día, como non se podía saír ao recreo, aproveitaron para volver a facer as dramatizacións aos distintos cursos de 1º e 2º de primaria. Foi un gran experiencia, moi enriquecedora, tanto para os "oíntes" como para os mesmos "actores" e "actrices" de 6ºC que levaron unha gran satisfacción, ao ver a reacción de entusiasmo dos compañeiros/as máis peques do CEIP. A Maía.
     Estas son algunhas das fotos que fixemos ese día :


No hay comentarios:

Publicar un comentario

opina aquí!