Páginas

25 jun 2013

COLABORADORES DA BIBLIOTECA

    Queremos agradecer aos seguintes alumnos e alumnas de 3º ciclo a axuda prestada na biblioteca durante os recreos do curso escolar que acaba de rematar.  Nas fotos aparecen cos diplomas que acreditan a súa participación nas actividades da Biblioteca.

Moitas gracias pola vosa colaboración!





Agustina Itoiz Patiño---Ainhoa Pazos Dacuña---Alba Martínez García   

Alba Varela  Lestón ---Alba Vázquez Rodríguez---Alicia Revilla Marnotes     

Álvaro Rodiles Lago--- Ana Enríquez Lage---Andrea Riveiro  Dios                     

Ángela Alborés Domínguez---Ariadna Ebra González---Blanca Pérez  Fernández      

Carla Novoa  Ramos---Carla Pereira Iglesias---Carlo Signiorini Coto

Carmen Valiño Rivera ---David Cebro Vega ---Elena Martínez Antelo    

Elisa Viz Lemos---Eva Santamaría  Criado---Inés Ramos Gey                             

Inés Vieiro Fernández ---Alejandra Baliña Abad ---Irene Sanluis Nieto 
iria Mugico  Pineiro ---  Juan E. Rijo Abalo--- Juan Tomás Fernandes González 
Judith Lamas  Martínez ---Laura Nieto Barrio Leire Gallego  Portabales 
Lizaida Carrillo Balsa---Mara Cernadas Blanco---Marcela Pazos Castro 
María Figueiredo Caamaño ---María Iglesias Vicente ---Mario Vidal Fariñas 
Martina Flores Sardella ---Mayte Pellegrino Vignolo---Miguel Caamaño Gonzálvez Miguel Ferro  Varela ---Naomi Martín Núñez---Nerea Quintás Iglesias
Noelia Canda Pazos ---Noelia Liduino Beiras---Pablo García Grañas 
Paula Muelas Ferreiro --- Paula Pan Vilanova---Raúl Paz Gutiérrez
Rosa Vega Vega --- Sara Picos Gómez---Sara Vázquez Tourís 
Sheila Vega Vega ----Xiana García Antelo                            


LIBERANDO LIBROS NA MAÍA

        O venres rematamos o colexio, coa IV GRAN LIBERACIÓN MUNDIAL DE LIBROS, unha actividade recollida na rede na que participamos con algúns dos libros da Biblioteca. Deixamos  no portalón do colexio unha mesa cos libros e coas as instruccións para liberalos nas que indicábamos que o libro  forma parte de "OClub dos Libros Perdidos". 
     Para seguir coa actividade, despois de leelo, escribide unha dedicatoria e indicade cando e onde o deixades para continuar a cadea de lectura. Así, en cada liberación sera posible saber por onde viaxou.

 APROVEITADE AS VACACIÓNS PARA LIBERAR OS LIBROS NOS SITIOS ONDE VIAXEDES.


LIBROS LIBRES
 

20 jun 2013

CUARTA GRAN LIBERACIÓN DE LIBROS MUNDIAL !

  

MAÑÁN: PRÓXIMA CITA PARA LIBERAR OU "SEMENTAR" LIBROS 


  A través do Plambe e desde os compañeiros da  Bibliotecaespedregada,  chéganos esta proposta que queremos compartir por si vos apetece participar:





       A idea é "liberar" (deixar) un libro nun espazo público (farmacia, mercado, bar, transporte público, nun banco da plaza, cine, museo, etc...). Poden participar todos aqueles que o desexen liberando un libro este 21 de xuño de 2013 no lugar onde vivan ou se atopen nese momento.

      Para participar, deixa un libro nun espazo público cunha dedicatoria nunha das súas páxinas que indique:

- Que o libro forma parte de "OClub dos Libros Perdidos".
- Que é de quen o atope, pero que ao finalizar a súa lectura deberá ser liberado, para que poida ser gozado por outras persoas novamente.
- O día e o lugar onde foi perdido, así en cada liberación sera posible saber por onde viaxou.

   ¡Moitas grazas por participar desta liberación de libros  e compartir a iniciativa cos teus amigos!

    Engadimos unha suxestión:  xa que mañan comezan as vacacións, liberade o libro no primeiro lugar ao que viaxedes para que tamén o libro viaxe ... 
   

    
   

12 jun 2013

CRONOPIOS LECTORES

   Este sábado abreu nas rúas de Santiago unha nova librería (cronopios). O local está en Alfredo Brañas. Nos tempos que corren sorprende a valentía de iniciar unha aventura empresarial e sorprende máis aínda o valor de que esta aventura sexa "vender libros".     Desexámoslles "sorte e libros!"    
    Nunha cidade na que pecharon librerías históricas que foron emblemáticas para os nosos pais e para moitos de nós coma González ou Galí ... é de agradecer que alguén se atreva a inaugurar un negocio de este tipo. Os libros destacan dentro dun local claro e luminoso no que me gustou sobre todo o recanto dedicado á literatura infantil e xuvenil, no que os rapaces atoparán moitos dos seus  favoritos baixo unhas nubes que lle dán un aquel especial, como de estar voando nun ceo de imaxinación. De feito chamoume a atención un pequeno que, mentras curioseabamos e falábamos de instalacións, editoriais e libros... estaba sentado no chan  sumerxido totalmente no que estaba a ler. 
          Póñovos aquí un enlace no que tamén podedes consultar os seus fondos: clicade aquí




embarcados na aventura dos libros...








8 jun 2013

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

     Desde o Equipo de Dinamización da Biblioteca elaboramos esta guía de lecturas recomendadas para o verán. Esperamos que vos gusten e as disfrutedes.
      Lembrade que calquer momento e calquer sitio son axeitados para coller un libro: deitados na praia, baixo a sombra dos piñeiros, nun banco da praza, á beira da piscina ... ou tirados no sofá. Non importa o sitio, o importante é coller un libro e entrar na historia que nos conta.
 
     
     E, os adultos, lembremos que a mellor animación á lectura somos nós: cando os nenos nos ven coller un libro cada día, somos o mellor exemplo. Unha das cousas máis bonitas que vemos os mestres é cando os pequenos abren os ollos díante dunha nova historia que ven nos libros. Se ven que disfrutamos lendo, eles farán o mesmo. Disfrutando e sen prisas... Transmitir este entusiasmo e curiosidade polo saber é a mellor herdanza que podemos darlles.  É, ademáis, unha cousa na que, sobre todo en estos momentos, non podemos recortar nin permitir que nos recorten, xa que tan básico como alimentar o corpo é alimentar o pensamento e as ganas de saber e aprender... xa que esto será o que nos dé recursos para enfrontarnos ao futuro.
   
       Así que, veña,  collede un libro ... ou  mellor unha  ducia , e a disfrutar de un verán lector!


     

3 jun 2013

5 DE XUÑO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

     Coa intención de conmemorar o 5 de Xuño, o Día do Medioambiente    o Equipo de Dinamización da biblioteca  elaborou esta guía de lecturas.