MAÑÁN: PRÓXIMA CITA PARA LIBERAR OU "SEMENTAR" LIBROS
A través do Plambe e desde os compañeiros da Bibliotecaespedregada, chéganos esta proposta que queremos compartir por si vos apetece participar:
A idea é "liberar"
(deixar) un libro nun espazo público (farmacia, mercado, bar, transporte
público, nun banco da plaza, cine, museo, etc...). Poden participar todos
aqueles que o desexen liberando un libro este 21 de xuño de 2013 no lugar onde
vivan ou se atopen nese momento.
Para participar, deixa un libro nun espazo público cunha dedicatoria
nunha das súas páxinas que indique:
- Que o libro forma parte de "OClub dos Libros Perdidos".
- Que é de quen o atope, pero que ao
finalizar a súa lectura deberá ser liberado, para que poida ser gozado por
outras persoas novamente.
- O día e o lugar onde foi perdido,
así en cada liberación sera posible saber por onde viaxou.
¡Moitas grazas por participar desta
liberación de libros e compartir a
iniciativa cos teus amigos!
Engadimos unha suxestión: xa que
mañan comezan as vacacións, liberade o libro no primeiro lugar ao que viaxedes
para que tamén o libro viaxe ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!