Este ano o Día das Letras Galegas está adicado o tradutor e poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, nado o 19 de febreiro de 1914 en Os Vilares-Guitiriz. É o autor do poemario "NIMBOS", a única obra que quixo publicar e que contén o seu poema máis coñecido: "PENÉLOPE". Ten varias obras inéditas e unha enorme labor coma tradutor.
Con esta presentación elaborada desde a Biblioteca escolar queremos achegarnos á súa vida e obra, marcada pola natureza e o entorno das terras chairegas onde naceu hai xa 100 anos.
clicar para ver |
Tamén vos poño aquí unha banda deseñada moi interesante que está na páxina monográfica elaborada pola Xunta para conmemorar a Díaz Castro.
Ademáis da influencia sobre outros
escritores, tamén se levaron a cabo outras manifestacións artísticas
sobre a obra de Díaz Castro, como esta versión musicada por MINI E MERO do seu poema
PENÉLOPE onde X.M. Díaz Castro reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida pero sin perder a esperanza . (a canción comeza no minuto 1:30)
Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados como sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
-------------------------------------------------------------------------------------
Para saber máis sobre a vida e obra do poeta , aquí tedes tamén o enlace co monográfico da Xunta:
clicar para ver |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!