Este ano o Día das Letras Galegas está adicado o tradutor e poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, nado o 19 de febreiro de 1914 nos Vilares-Guitiriz. E o autor de "NIMBOS", que contén o seu poema máis coñecido: "PENÉLOPE". Aquí podemos escoitalo musicado por Xoán Fuertes Saavedra e
interpretado por FUXAN OS VENTOS (coa fermosa voz da nosa compañeira Carmen) nun adianto do seu próximo traballo. O recitado inicial é a voz do propio poeta e a súa
gravación cedida por Xulio Xiz.
PREMER AQUÍ PARA ESCOITAR PENÉLOPE |
Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados como sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!