Durante esta semana o colexio encheuse de CABAZAS DECORADAS para participar no CONCURSO organizado polo Equipo de Extraescolares. Na entrada do colexio e polos corredores dos edificios de infantil e primaria tivemos unha exposición dos traballos realizados polos nenos e nenas en colaboración con seus pais. Unha invasión terrorífica con moita imaxinación, na que os rapaces mesturaron a imaxinería propia da tv e o cine, co Halloween e coas tradicións de orixe celta que nos son máis propias. No Samaín celebramos o fin da colleita... e tamén lembramos o costume das tribos guerreiras celtas de cortar as cabezas dos seus enemigos e "decorar" as entradas das casas cos seus cranios.
En estos videos podedes ver as cabazas que estiveron expostas en ambos edificios e esta semana publicaranse as cabazas gañadoras nas distintas categorías.
premer aquí para ver as cabazas de infantil |
premer aquí para ver as cabazas de primaria |
Aos alumnos e alumnas de 4ºC gustáronnos moito as cabazas. Vese que deron moito traballo. parabens!!!
ResponderEliminarGrazas polo voso comentario.
ResponderEliminarO certo é que a participación foi impresionante. As cabazas quedaron moi ben!