Desde a Ampa comentáronnos a participación de alumnos de este cole nunha nova iniciativa para comprender e respetar a paisaxe. Unha serie de 6 videos (de momento) no que os pequenos, tanto de infantil como de primaria, responden coas súas propias palabras a preguntas como qué é unha paisaxe?.
Eu póñovos aquí o que está no portal da Consellería: "A Xunta e a Fundación Galicia Sustentable lanzan a web www.somospaisaxe.com para contribuír á implicación da sociedade na
defensa da riqueza territorial de Galicia. A
finalidade deste portal é a de contribuír a que xurda unha conciencia
social sobre a importancia dos retos que hai que afrontar desde a
paisaxe como elemento estratéxico de competitividade
Para
conseguir esta implicación, o Instituto de Estudos do Territorio xunto
coa Fundación Galicia Sustentable, ten traballado nun proceso atractivo
para achegar a Estratexia Galega da Paisaxe á poboación que se estrutura
en tres etapas: coñecer, comprender e actuar
Acompaña á
presentación do portal web unha primeira entrega da serie de vídeo
Pequepaisaxes, para que nos expliquen cuestións relacionadas coas
paisaxes"
PREMER NA IMAXE PARA VER OS VIDEOS |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!