Este traballo que relaciona Arte e Xeometría foi realizado ao longo do primeiro trimestre a proposta do Equipo de Dinamización da Biblioteca. Como motivación puxemos nas fiestras unha serie de láminas co fixon obras sacadas dos libros que colocamos nos expositores da Biblioteca. Os rapaces tiñan que facer as súas propias composicións e colgalas nos corredores do colexio. Empregaron distintas técnicas e materiais: dibuxos, collages, pinturas, papel, pedras, lás, paus, cunchas, botós, madeira, area do patio, area de lúa!, elementos naturais e outros de uso cotiá...
Ademáis os alumnos de 6º de primaria empregaron as súas obras para facer unha postal dixital no Nadal (clicar aquí para vela). E os maiores de infantil escolleuron traballar cos mandalas (clicar aquí) e o land art, con intervencións colaborativas no patio e nos xardíns do colexio e ademáis coñeceron o concepto de "arte efímero" xa que as súas composicións desapareceron coa chuvia e "os elementos....". No kizoa vese ademáis como os alumnos dunha clase interveñen sobre as obras realizadas polos seus compañeiros...
O resultado, tanto en infantil como en primaria, está reflexado aquí neste kizoa e no video.
composicións de infantil |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!