Páginas

22 nov 2015

VI Xornadas de Bibliotecas Escolares


   Este fin de semana  tiveron lugar as VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, no Palacio de Congresos de Santiago, organizadas pola  Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e o CAFI . 

  Alí estiveron un milleiro de profesores e profesoras de toda Galicia, entre eles algúns dos membros do equipo  da nosa Biblioteca.

       

      O programa tiña experiencias de compañeiros e compañeiras que traballan en distintas bibliotecas escolares de Bueu, Porriño, Santa Comba, Coristanco, Lalín, Pontevedra, Lugo, a Coruña e Ourense...  Foi moi, moi interesante ver como traballan os compañeiros e en que circunstancias.  Parabéns e grazas por compartir os vosos traballos!
       Tamén contamos con expertos de distintos ámbitos que falaron dos retos que deben enfrontar as bibliotecas escolares e os centros, para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do alumnado. Iniciamos as xornadas coa charla de Xurxo Mariño (biólogo, profesor, neurofisiólogo e divulgador científico) que nos levou a dar unha viaxe dando a volta ao mundo para interpretalo a través da cultura, a ciencia, a literatura e a arte,  unha viaxe ao grande, pero que se inicia no noso contorno máis cercano, 

despois Carlos Magro, (licenciado en Físicas, Xeografía e Historia e Vicepresidente da Asociación de Educación Aberta) que nos fixo una reflexión sobre cómo enseñamos, qué enseñamos, con qué enseñamos, dónde o facemos, a quén enseñamos, quén o fai e quén xestiona o aprendizaxe nun mundo no que sobra información pero falta coñecemento, no que os mestres somos deseñadores do coñecemento e no que os alumnos teñen que ser críticos, autónomos e con capacidade para xestionar a súa aprendizaxe,  Rosa Piquín profesora  responsable dunha Biblioteca Escolar en Asturias e Premio Nacional de Proxectos de ideas para a mellora e innovación no 2005,
Guadalupe Jover profesora de Literatura e lingua castelá nun IES, premio Giner de los Rios de Innovación e portavoz da Plataforma de Cidadáns pola educación Pública que nos falou de como achegar a lectura (dos libros e do mundo) aos rapaces fomentando a súa capacidade de crítica,  Felicidad Campal, licenciada en documentación e profesora de cursos ALFIN de alfabetización informacional e rematamos as xornadas coa  profesora e psicopedagoga arxentina  Ana Siro  que nos falou do libro-album desde a perspectiva do xénero, dos lectores e dos profes como mediadores.  

    
  E recordo aquí a entrada  do blog das bibliotecas escolares na que se explica o lema deste curso 2015-16:

    O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

opina aquí!