Páginas

31 may 2016

Nun lugar da mancha....



      Os alumnos e as alumnas de 5º de Primaria fixeron este LIBRO EN FORMATO XIGANTE con ilustracións sobre o Quixote, para conmemorar os 400 anos da morte do seu autor Miguel de Cervantes.
Empregaron cartón de embalaxe para facer as páxinas que están cosidas con cordel para encuadernalo.  

     Está exposto na Biblioteca por si o queredes ver.





 Podedes ver as páxinas neste video:





O menú de Don Quixote

    Con motivo do 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes os alumnos e alumnas  de 5ºB  construiron este muiño de vento no que puxeron os personaxes máis importantes do Quixote e un traballo de investigación no que explican o que comían e como se preparaban algúns dos platos que se  mencionan no libro: duelos e quebrantos, coello, fabas...
    
    Está exposto na Biblioteca.



 

17 may 2016

A fala. Manuel María: As nosas Letras


                                                  

 A fala. Manuel María


O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior)
================================================= 
    
 Nesta páxina do Seminario Galán tedes recursos para traballar  e información para coñecer mellor  ao poeta Manuel María.  

    (Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929. Autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.   A Real Academia Galega adícalle, polo seu compromiso co idioma galego, o Día das Letras de 2016)
PREMER AQUÍ

5 may 2016

BIBLIOPATIO NA MAÍA


   No Ceip A Maía inauguramos un novo espazo  lector e lúdico: o BIBLIOPATIO, que será utilizado polos rapaces no recreo, na hora de ler e nas ocasións que o precisen. Delimitado con alfombra, cintas, plantas é un espazo recollido que esperamos sexa unha nova zona de disfrute lector. Ten de fondo a obra gráfica que fixeron os alumnos de 6º o curso pasado no taller de arte urbano.

A  distribución do BIBLIOPATIO .... e os primeiros usuarios: