Páginas

17 may 2016

A fala. Manuel María: As nosas Letras


                                                  

 A fala. Manuel María


O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

Manuel María (2001). Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior)
================================================= 
    
 Nesta páxina do Seminario Galán tedes recursos para traballar  e información para coñecer mellor  ao poeta Manuel María.  

    (Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929. Autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.   A Real Academia Galega adícalle, polo seu compromiso co idioma galego, o Día das Letras de 2016)
PREMER AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario

opina aquí!