O venres o profesor ANGEL CARRACEDO foi o encargado de falarlles aos afortunados
alumnos de 6º dun libro moi especial: O
LIBRO DA VIDA. Un libro con só catro letras: A, C, G, T.... Mantivo con eles unha charla co título: "XENES: E ESO QUÉ
VEN SENDO?".Chegaron ata a molécula máis importante dun ser vivo, a que contén toda a súa información xenética...
Profesor do
Departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses, o científico galego
con maior proxección internacional e unha eminencia en Xenética con numerosos
premios entre eles o Premio Nacional de Xenética 2015, fixo un alto na súa
axenda para vir de novo ao noso colexio.
Catedrático de
Medicina Legal e Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994
hasta 2012). Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica
(SERGAS-Xunta de Galicia), Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII.
Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de
Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela....
Ler MÁIS e ver o VIDEO da visita na web do colexio PREMENDO AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!