Páginas

18 feb 2017

EXCURSIÓN DE 6º AO PARLAMENTO E BIBLIOTECA AFUNDACIÓN

   O mércores, 25 de xaneiro os grupos de alumnos de 6º que colaboramos na Biblioteca fomos ao Parlamento de Galicia. Chegamos ás 10:30 horas, onde Hixinio, o guía, nos estaba esperando. Como non podiamos ir todos xuntos dividímonos en dous grupos. 


  Deixamos as mochilas nunha sala e logo fomos polos corredores, onde había moitos cadros de pintores galegos, ata a sala de recepción ou dos Reis onde Hixinio nos explicou como ía ser a visita.
 
   Primeiro vimos un video sobre a historia do Parlamento, o edificio e o traballo dos parlamentarios. Despois fomos a unha biblioteca de dous pisos, onde uns compañeiros fixeron un pequeno debate.


  A continuación visitamos a zona onde os diferentes grupos políticos teñen os seus despachos. Rematamos a visita no hemiciclo onde asistimos a un Pleno Parlamentario, onde estaban intervindo os deputados dos distintos grupos. Eles aplaudían ao rematar, nós non podiamos. Ao saír collimos un libro sobre o Parlamento, as mochilas e saímos á rúa onde se estaba concentrando xente con bandeiras para manifestarse.
 

  Percorrimos varias rúas ata chegar á biblioteca Afundación. Aproveitamos o paseo para ir merendando pois xa eran as 12 da mañá. Nunha sala a charla que nos dou Bea durou un bo rato, estaba ben e era moi educativa.
   Despois fomos á sala do libro xuvenil onde nos mostrou unha selección de libros que falaban de diversas emocións e sentimentos. O libro que nos gustou máis foi o titulado “O neno estrela”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

opina aquí!