O xoves 28 de marzo os alumnos de 3º de primaria recibiron a visita de Ánxela Loureiro. A súa obra “Choiva de ras” foi a que traballaron os nenos nas clases e
trátase dunha ventura protagonizada por animais, chea de música e humor,
que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto. Ánxela deleitounos coa súa guitarra tocando as canción do libro.
É escritora de literatura infantil e xuvenil que cultiva diferentes xéneros literarios: teatro, novela, poesía e guión cinematográfico. Foi membro do grupo folk Saraibas (ao que pertence a canción Chorima que acompaña esta montaxe). É mestra de Educación Primaria coas
especialidades de Ciencias Sociais, Música, Lingua castelá e Lingua inglesa e exerce como asesora de Educación en Valores no Centro de Formación e Recursos de Ferrol.
Traballa como investigadora na
recuperación dos xogos tradicionais dende a escola. Iniciouse como escritora en
1978 coa obra de teatro ¡Ollo hai lurpios na horta!, que acadou o premio de
teatro Infantil do Ateneo Ferrolán e publicou as seguintes obras de
literatura infantil: “Viaxe de ida e volta”, “Laia, a nena da illa” , “Camiño
perigoso” , “Ota quere voar” entre
outras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!