Os alumnos
de 3º recibiron a visita da actriz e escritora Celtia Figueiras. No seu blog dí que "desde ben cativa os contos foron a súa paixón. Ler, escribir e interpretar formaron sempre parte da súa vida". Celtia é
autora dos textos e forma parte das voces dos contos do audiolibro Cantamos?
que o músico e titiritero madrileño
afincado en Galicia Luis Vallecillo publicou para toda a familia. Nos dous CDs do libro combínanse contos, música e pictogramas. Celtia contoulles aos nenos, entre outras, a historia do Marqués de Carabás e unha versión dos tres porquiños que remata dun xeito peculiar e da que podedes uns minutos no video co que se remata esta entrada.
Para o libro tamén contou coa colaboración da ilustradora Blanca Millán e conta co apoio de pictogramas supervisados pola
Federación Galega de Autismo.
Reseña do libro: Rosi, unha
nena á que lle encantan a música e os contos descobre, a través do artista que
vai dar un concerto ao seu colexio, que os contos se poden cantar!
Os rapaces e as rapazas de 3º remataron bailando con Celtia a canción de Xan sen medo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!