Estos son os carteis sobre os poemas negra sombra e este vaise e aquel vaise elaborados polas alumnas e alumnos de 5º de Primaria :
E os carteis elaborados polas alumnas e alumnos de 6º de Primaria, cunha escolla de versos de Rosalía.
Estos son os carteis sobre os poemas negra sombra e este vaise e aquel vaise elaborados polas alumnas e alumnos de 5º de Primaria :
Seguimos coa publicación dos carteis elaborados polos nenos de 3º e 4º de Primaria para participar na homenaxe a Rosalía organizado polo EDNLG do Concello en coordinación cos dos centros baixo o lema "A LUZ DE ROSALÍA". Buscadeos polas rúas e disfrutade dun paseo literario!
Estos son os carteis sobre os poemas dunha boda na aldea, o mes de maio e unha pequena biografía elaborados polos nenos e nenas de 3º de Primaria :
Publicamos hoxe os carteis elaborados polos nenos de 1º e 2º de Primaria para participar na homenaxe a Rosalía organizado polo EDNLG do Concello baixo o lema "A LUZ DE ROSALÍA". Os equipos de cada centro organizáronse para que os rapaces fixeran os carteis para colgar polas farolas das rúas. Irémolos subindo aos poucos. A ver si os atopades polas rúas e disfrutades coa lectura!
Carteis elaborados polos nenos e nenas de 1º de Primaria: de alboradas, galos e pitas.
Este ano o EDNLG do Concello de Ames escolleu
para conmemorar este 2021 o Día de Rosalía o lema "A LUZ DE ROSALÍA". En coordinación con eles os equipos equipos de Normalización de cada centro organizáronse para que os alumnos de Ames fixeran os carteis para colgar polas farolas das rúas. Irémolos subino aos poucos. Buscadeos polas rúas e disfrutades coa lectura!
Estos son os carteis que fixeron os pequenos de infantil:
3 ANOS
Hoxe, no Día Internacional da muller e da nena na Ciencia desde as Concellerías de Promoción Económica e de Igualdade, publicaron este video para darlle visibilidade á labor que pequenas e grandes realizan xa mesmo e poden realizar no futuro neste sector. Dan a súa opinión mulleres de Ames: alumnas dos IES do Milladoiro e Ames coas súas profes, dos coles de Barouta, Ventín, Agro do Muiño e do noso Ceip A Maía (Aldara e Candela de 4º).
A idea xeral que aportan entre todas é moi interesante: "aínda que é importante visibilizar e valorar o traballo das mulleres científicas, non é cuestión de celebrar un só día, senón facelo tódolos días, sin diferenciar entre nenas e nenos, para conseguir un equilibrio no que primen sobre todo as capacidades. E sobre todo, como dí unha delas, que che guste a Ciencia"
A Xunta de Galicia ven de publicar estas GUÍAS SOBRE O ANTROIDO nas que recollen tódolos personaxes e as larpeiradas das principais festas do noso territorio. Son interesantísimas e moi completas.
"En Galicia hai nove entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico:
Para darlle unha volta máis ao Entroido, acabamos de engadir aos nosos fondos estos dous libros do autor Ramón Veiga e o ilustrador David Sierra. Están publicados por Xerais
1. É TEMPO DE ENTROIDO
Reseña:
"É
tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. Esto sería o que pasaría si se xuntasen os personaxes típicos do Entroido galego para facer unha comida: pois que todos traerían as larpeiradas propias de cada zona!. Un repaso a personaxes e productos típicos!."
Reseña:
"Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras."