Hoxe, no Día Internacional da muller e da nena na Ciencia desde as Concellerías de Promoción Económica e de Igualdade, publicaron este video para darlle visibilidade á labor que pequenas e grandes realizan xa mesmo e poden realizar no futuro neste sector. Dan a súa opinión mulleres de Ames: alumnas dos IES do Milladoiro e Ames coas súas profes, dos coles de Barouta, Ventín, Agro do Muiño e do noso Ceip A Maía (Aldara e Candela de 4º).
A idea xeral que aportan entre todas é moi interesante: "aínda que é importante visibilizar e valorar o traballo das mulleres científicas, non é cuestión de celebrar un só día, senón facelo tódolos días, sin diferenciar entre nenas e nenos, para conseguir un equilibrio no que primen sobre todo as capacidades. E sobre todo, como dí unha delas, que che guste a Ciencia"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!