Proseguindo
coa liña de creación de poemas, narracións xunto coa educación artística para
unha base sólida de aprendizaxe de valores dunha forma divertida, en 4º D tocounos esta semana traballar o medio ambiente e a importancia do coidado do
noso planeta. Levamos traballando este tema dende que comezou o curso porque
consideramos que preservar a nosa contorna e intentar paliar asuntos tan graves
e vixentes como o cambio climático, contaminación e quentamento global non hai
que traballalos un día, senón telos presentes tódolos días como ben din eles.
Así que…aquí tedes o noso novo traballo no que de novo plasmaron o que lles gusta facer poesía e expresar as súas ideas coas creación máis orixinais, creativas e coloridas.
Esperemos vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!