Páginas

9 may 2021

Videoconferencia de 4º de primaria con Érika Esmorís, premio Merlín de Literatura Infantil

 O alumnado de 4º mantivo unha videoconferencia coa escritora Érika Esmorís, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2015 coa novela Nena e o mar (Xerais, 2015).  E tamén gañou o XI Premio de Literatura Infantil da cidade de Málaga coa obra “Patio de luces”.

 Este evento tivo lugar o día 4 de maio ás 10:30 participando as 4 aulas de 4º nivel. Foi unha experiencia especial xa que Érika estaba dende a súa casa falando e interactuando cos alumnos nas aulas.

"Érica Esmorís (A Coruña, 1977). Naceu unha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, dende o principio, os seus compañeiros de viaxe. Amante dos animais, estudou veterinaria e, aínda que exerceu uns anos, deseguida cambiou o bisturí polo teclado do ordenador. Traballou nalgunhas das máis importantes produtoras audiovisuais de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora publicou as novelas infantís O poder de Amabel (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro; e Ulises e as cronoamigas (2015). Gañou o Premio Merlín de literatura infantil 2015 coa novela Nena e o mar (Xerais, 2015)."

 *Premer no enlace para ver máis de Érika Esmorís e a súa obra (http://ericaesmoris.com/)

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

opina aquí!