A Real Academia Galega acaba de presentar unha serie documental arredor de Xela Arias a quen se lle adica este ano o Día das Letras galegas. "Xela Arias, a palabra esgazada", é unha achega en 6 capítulos á vida e á obra da autora á que lle rende homenaxe o 17 de maio guiada polas propias palabras da homenaxeada. O capítulo 1, centrado nos primeiros anos de vida da escritora, editora, tradutora e docente, os transcorridos entre a Sarria natal, a cidade de Lugo e o Vigo que a acolleu a partir dos 7 anos, pode verse xa na páxina web da RAG, e que vos poño aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!