Seguramente xa sabedes que "O Carballo de Conxo" do veciño concello de Santiago é a árbore seleccionada por España por votación popular para presentarse candidata a ÁRBORE EUROPEA DO ANO. Ten máis de 250 anos, uns 30 metros de altura e case 4 de perímetro.
Desexamos que, cos nosos votos, o carballo de Conxo sexa elexido como Árbore Europea do Ano, 🌳
😕 Podedes preguntarvos cal é a relación desta árbore coa literatura...
Pois imos facer un chisco de Historia:
o carballo de Conxo é un dos poucos que quedan desa idade e
envergadura no entorno de Santiago xa que quedou protexido durante anos
nos xardíns privados do antigo Manicomio. A maioría dos outros
desapareceron queimados ou talados para empregar nas numerosas
curtidurías que nos séculos XVIII e XIX rodeaban a capital e que os empregaban polo tanino para conservar as peles de animais.
👉E aquí ven a relación: ademáis dos anos e o tamaño, outro dos valores engadidos deste carballo é o cultural. No século XIX celebrouse a carón del o histórico Banquete
Democrático de Conxo "organizado
por estudiantes universitarios (entre eles o poeta
romántico Aurelio Aguirre) onde os xoves estudantes quixeron servila mesa a
artesáns e obreiros, como símbolo revolucionario de igualdade,
liberdade e fraternidade, os valores democráticos recibidos da
Revolución Francesa". Ante eles e cerca do carballo fixo o poeta o seu famoso Brindis (nas imaxes)
O monte de Conxo tamén inspirou a Rosalía de Castro, quen criticou a tala
destas árbores no poema titulado “Los robles”, do seu libro "En las orillas del Sar"
(1884). Os seus textos en defensa da
naturaleza son hoxe en día unhas das primeiras
proclamas ecoloxistas e de loita polas árbores e o medio
natural levadas a cabo en España. 👏👏👏
Así que xa sabedes: LEDE E VOTADE!👍👍👍
(European Tree of the Year)Bosques Sin Fronteiras, convoca o Premio Árbol Nacional e Europeo do
Año, dirixidos a significar e valorar árbores que por diversas
características son merecedores dun recoñecemento e respeto social. Busca a elección daqueles exemplares cos que as persoas establecen especiais relacións afectivas e que son "Testigos da historia, do clima e do respeto dos pobos"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!