Con moita tristura e dor despedimos á mestra Ana Katterina Gómez Pardo, quen durante un tempo foi membro do Equipo de Dinamización desta Biblioteca.
Queremos manter a Kathy sempre no noso recordo: como compañeira e amiga, unha persoa alegre, divertida e colaboradora. Ninguén se vai de todo mentras vive na memoria dos que a coñeceron. Non atopamos palabras abondo para consolar a todos os que coñecían e querían a Kathy e só podemos acompañalos de corazón nestes momentos.
Vive para sempre no corazón dos que deixas atrás...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!