Páginas

12 may 2022

Érica Esmorís cos alumnos de 4º

  A escritora ÉRICA ESMORÍS estivo na Biblioteca cos alumnos de 4º de primaria falando do seu libro "Patio de luces", que conta coas ilustracións de Juan Berrio. Trátase  dun libro para ver o mundo desde ountra perspectiva, coa axuda da imaxinación, como fai Lea, unha nena que pasa as tardes co seu avó, que é porteiro dun edificio, unha profesión que, pertence xa case ao pasado. Aburrida ao principio, a rapaza comeza a imaxinar as vidas das persoas dos diversos pisos a través da observación dos tendais da roupa. 
 
Érica naceu na Coruña en 1977:  amante dos animais, estudou veterinaria e exerceu uns anos pero pronto comezou a traballar nalgunhas das máis importantes produtoras audiovisuais de Galicia,  nos departamentos de guión como de dirección.
Como narradora, publicou as novelas infantís O poder de Amabel (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro e Ulises e as cronoamigas (2015).
 
 

Érica xa estivo cos alumnos de 4º  do curso pasado a través dunha videoconferencia desde a súa casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

opina aquí!