Este luns 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas e nós puxemos en marcha unha iniciativa para que participase todo o alumnado do colexio: "Un mercadillo de cine". Con esta proposta os nenos tiñan que crear unha obra (dibuxo, conto, poema...) nun formato "de fotograma de cine", despois pasar pola Biblioteca e escoller o libro que máis lles gustase da exposición para trocar polo seu debuxo ou creación. Os maiores xa están pasando para os primeiros intercambios e os últimos serán os pequenos de infantil que o farán o venres. As obras entregadas están expostas na Biblio e serán posteriormente recollidas nun libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!