Páginas

22 mar 2024

Rosalízate

Coa iniciativa "Rosalízate", posta en marcha polo Equipo da biblioteca en torno á Conmemoración do Día de Rosalía e o Día da poesía, pretendeuse achegar un pouco máis a figura de Rosalía de Castro ao alumnado. Para iso, preparamos o escenario da biblioteca como se se tratase dunha habitación nalgunha das múltiples casas que habitaron Rosalía e Muurguía en Santiago, Padrón... Tamén puxemos a disposición de quen quixera empregalos, atuendos que os caracterizarían como a parella. A proposta era animar á rapazada a recitar algúns versos da autora, cantar algunha das moitas cantigas que versionan os seus poemas ou o que a imaxinación dera de si. Aquí vos deixamos unha escolma de fotografías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

opina aquí!