Páginas

24 ene 2012

Unha semblanza de Agustín

       Non quería pasar sin contarvos aquí a fermosa semblanza que María Jesús Gil realizou sobre Agustín Fernández Paz durante o acto de entrega, o pasado  mes de novembro, do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil.

       Nesta semblanza María Jesús Gil lembra a infancia de Agustín, nas súas propias palabras, un neno  nacido en Vilalba nos tristes e grises años da posguerra española que asistía a unha daquela escolas xeadas nas que había un só libro de texto e algúns libros de lectura,  vellos e gastados... Pero Agustín tivo a sorte de ter libros na casa e un pai que lle ensinou a amalos...


Escola da posguerra.
  Mupega
Mª Jesús cita a Agustín cando dí : "non podo esquecer que tódolos fios cos que acabo compoñendo os meus relatos teñen a súa orixe na miña infancia. Nos contos que escoitei, nos libros que lin , nas películas que vin nuns cines que xa non existen, nos xogos das tardes de inverno e en tódalas aventuras de aqueles veráns luminosos e eternos. Todo está alí, nas paisaxes encerradas na miña memoria".

 E, cando lle preguntan a Agustín por qué leer, dí : "beber soños como quen bebe auga. Non atopo mellor maneira de expresar a necesidade e o pracer que explican a lectura"

   Para leer o artigo completo no blog de xerais picade neste enlace:

blog de Xerais
http://xerais.blogaliza.org/2012/01/09/a-semblanza-de-agustin-fernandez-paz-por-maria-jesus-gil/

 E, por último, lembramos que Agustín Fernández Paz  é o candidato de España para o premio que se considera o Nobel da Literatura Infantil e Xuvenil, o Premio Hans Christian Andersen, que se fallará en Basilea en marzo de 2012. Así que , moita sorte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

opina aquí!