Non quería pasar sin contarvos aquí a fermosa semblanza que María Jesús Gil realizou sobre Agustín Fernández Paz durante o acto de entrega, o pasado mes de novembro, do 7º Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil.
Nesta semblanza María Jesús Gil lembra a infancia de Agustín, nas súas propias palabras, un neno nacido en Vilalba nos tristes e grises años da posguerra española que asistía a unha daquela escolas xeadas nas que había un só libro de texto e algúns libros de lectura, vellos e gastados... Pero Agustín tivo a sorte de ter libros na casa e un pai que lle ensinou a amalos...
Escola da posguerra. Mupega |
Mª Jesús cita a Agustín cando dí : "non podo esquecer que tódolos fios cos que acabo compoñendo os meus relatos teñen a súa orixe na miña infancia. Nos contos que escoitei, nos libros que lin , nas películas que vin nuns cines que xa non existen, nos xogos das tardes de inverno e en tódalas aventuras de aqueles veráns luminosos e eternos. Todo está alí, nas paisaxes encerradas na miña memoria".
E, cando lle preguntan a Agustín por qué leer, dí : "beber soños como quen bebe auga. Non atopo mellor maneira de expresar a necesidade e o pracer que explican a lectura"
Para leer o artigo completo no blog de xerais picade neste enlace:
blog de Xerais |
http://xerais.blogaliza.org/2012/01/09/a-semblanza-de-agustin-fernandez-paz-por-maria-jesus-gil/
E, por último, lembramos que Agustín Fernández Paz é o candidato de España para o premio que se considera o Nobel da Literatura Infantil e Xuvenil, o Premio Hans Christian Andersen, que se fallará en Basilea en marzo de 2012. Así que , moita sorte!
E, por último, lembramos que Agustín Fernández Paz é o candidato de España para o premio que se considera o Nobel da Literatura Infantil e Xuvenil, o Premio Hans Christian Andersen, que se fallará en Basilea en marzo de 2012. Así que , moita sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario