Hoxe queríavos recomendar dous libros de autores galegos que acaban de ser incluidos na prestixiosa lista The White Ravens, recopilada cada ano por unha biblioteca especializada en literatura infantil y juvenil de Múnich e que se considera unha referencia neste ámbito. A lista selecciona, de entre os miles de libros publicados cada ano, 250 infantis e xuvenis editados en máis de 30 idiomas e procedentes de 50 países. Trátase dos álbumes Zimbo, da editora OQO, e A viaxe de Olaf, de Kalandraka.
Na edición do ano pasado tamén incluiron outros dous libros galegos : Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto & Chinto (Kalandraka), e O pintor do sombreiro de malvas, escrito por Marcos Calveiro (Xerais) e ilustrado por Ramón Trigo.
A VIAXE DE OLAF
Un álbum cheo de colorido, un fermoso canto á amizade protagonizado por unha sorte de principiño que, farto da soidade, inicia unha viaxe na procura de novos horizontes e de compaña. Tras partir do seu pequeno planeta, Olaf xúntase a diversos animais fantásticos nunha travesía de inspiración acumulativa e circular tan propia dos contos infantís. A oralidade e musicalidade da historia remárcanse polo tratamento visual do texto e polo uso de patróns comúns nestas fábulas, como son as rimas, os xogos de contrarios, os diálogos reiterativos -«Vés conmigo?, preguntou. E como non dixo que non...»
ZIMBO
Unha emotiva historia que fala das ansias de liberdade e emancipación, pero tamén da dor da perda e de deixar marchar do noso carón ás persoas que amamos. No fermoso álbum, un monicreque ansía cortar os seus fíos para tomar as rendas da súa propia vida, a pesar de que sabe que a liberdade privaríao desa gaiola de ouro que supón o agarimo e os coidados do seu creador. As láminas iniciais en branco e negro dan paso a unha explosión de cor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!