entra |
"Do 4 ao 31 de marzo de 2012, desenvolverase en Pontevedra unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Este proxecto cultural que comezou a andar no ano 2000, constitúe unha das pezas máis prezadas da programación anual do Concello de Pontevedra. O Salón do Libro segue a ser un espazo marabilloso, creado grazas a implicación de moitas persoas que, coma vós, adicades parte do voso tempo a que esta sexa unha realidade que poder amosar orgullosos e orgullosas á cidadanía en xeral e aos nenos e nenas en particular.
Este ano o Salón indagará nas supersticións; de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.
Ao igual ca noutras edicións, ademais da programación específica no Pazo da Cultura, o Salón volverá sair ás rúas de Pontevedra para celebrar roteiros e actividades de animación, que se intensifican cos pasarrúas polo centro histórico de Troula, Buqueiras Novo e Os Bolechas.
No Salón hai programación concertada e aberta para todos os públicos, dende os bebés ata os máis maiores que contan cunha programación específica teatral, coloquios e conferencias. Ademais todas as semanas haberá presentacións de libros por parte de editorias.
Este ano por primeira vez haberá xogos tradicionais no recinto feiral impartidos pola Asociación Galega de Xogos Tradicionais, asi como cun aberto de billarda, no que poderán participar todos os que o desexen".
Clica para entrar na páxina do Salón e seguir a ver as súas propostas...

No hay comentarios:
Publicar un comentario
opina aquí!